3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Esta fóra de toda dúbida que no século IX Sabarico outorgase o título de bispo de Mondoñedo e ten por sede o mosteiro de San Martiño, nas proximidades do mar. No século X a capital da diócese se afianza en San Martiño de Mondoñedo e alí permanece ata os tempos do bispo Nuno Alfonso que, por bula da raíña dona Urraca en 1112, a traslada a Vilamaior que, no correr dos tempos, habería de perder o seu nome e trocalo polo da diócese de Mondoñedo.
No ano 1182 a sede pasa a Ribadeo pero só uns cantos anos. Co bispo Martín (1219-1248), a capitalidade do bispado restitúese definitivamente a Mondoñedo. Es en tempos deste bispo cando se procede a construcción da actual catedral mindoniense.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Sitúase na parte máis septentrional de Galicia e comprende 27 concellos da provincia de Lugo e 13 de Coruña. A sé episcopal está en Mondoñedo, onde está a catedral (en Ferrol atópase a concatedral). Ten 4.425 km², 424 parroquias e 7 arciprestazgos.
3.3. Atribucións/fontes legais
-Regulamento dos Arquivos Eclesiásticos Españois, aprobado pola Conferencia Episcopal Española, na sesión plenaria do 5 de xullo de 1976.
-Estatutos da Asociación de arquiveiros da Igrexa en España, aprobados pola XLVIII asamblea da Conferencia Episcopal, o 22 de abril de 1988.
-Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio cultural de Galicia.
-Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
-
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
A parte das transferencias regulares, existen ingresos de documentación procedente de donacións, legados ou herdanzas.
3.6. Edificio
Atópase no pazo episcopal, onde conta con dúas salas. Actualmente está na última fase de ampliación para dar cabida a tódolos documentos e preservalos de forma segura.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1. Santa Sede e Nunciatura 2. Autoridades civiles 3. Obispos Diocesanos 4. Vicaría Xeral 5. Secretaría de Cámara 6. Provisorato 7. Documentación Parroquial 8. Administración Económica Diocesana 9. Delegación de Capelanías y Redencións 10. Outros
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
-