• 1.1. Código identificador
    ES GA 15078 ACS
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo de la Catedral de Santiago de Compostela
  • 1.4. Outras formas do nome
    Arquivo da SAMI Catedral de Santiago de Compostela
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Privada. Categoría: Arquivos relixiosos
  • 2.1. Localización
    Praza de Platerías, s/n, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • 2.2. Enderezo
    SANTIAGO DE COMPOSTELA
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 981 575 609
    Fax:
    -
    Email:
    archivo@catedraldesantiago.es
  • 2.4. Persoas de contacto
    Francisco Buide del Real. Coengo Arquiveiro-Bibliotecario
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    O Arquivo da Catedral de Santiago (ACS) é un arquivo histórico privado de titularidade eclesiástica dependente do Cabido da Catedral de Santiago, que recolle, conserva e serve a documentación histórica xerada por este no exercicio das súas funcións, así como a doutras institucións relacionadas co mesmo. Segundo o Regulamento dos Arquivos Eclesiásticos Españois, "o arquivo catedralicio está formado non só pola documentación histórica que nel se conserva, senón tamén por toda a documentación moderna e aqueloutra que obra nas diversas comisións, cargos ou oficios do cabido, debendo, unha vez cumprida a función administrativa, ingresar íntegramente no arquivo, para así constituír o testemuño documental da vida do cabido".
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Situado na cidade de Santiago, no centro da provincia da Coruña. Acolle, segundo a tradición, o sepulcro do apóstolo Santiago o que o convertiu nun dos principais destinos da peregrinación europea durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago. Un privilexio concedido polo papa Calixto II en 1122 declarou que serían "Ano Santo" todos os que coincidiran o día de Santiago, 25 de xullo, en domingo.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Regulamento dos Arquivos Eclesiásticos Españois, aprobado pola Conferencia Episcopal Española, na sesión plenaria do 5 de xullo de 1976. Estatutos da Asociación de arquiveiros da Igrexa en España, aprobados pola XLVIII asamblea da Conferencia Episcopal, o 22 de abril de 1988. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    -
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    O ACS funciona como arquivo histórico capitular, que periodicamente recibe transferencias desde as dependencias administrativas catedralicias: Secretaría (transcorridos corenta anos), Administración, Fábrica, Museo e Peregrinacións.
  • 3.6. Edificio
    Os arquivos están situados na esquina suroeste do claustro da catedral, distribuídos en catro plantas. A área reservada ten espazos específicos para almacéns, biblioteca auxiliar, área de traballo do persoal e dependencias de empregados. Na área privada está a oficina do director e na área pública o vestíbulo e a sala de investigadores. Comparte espazos coa Biblioteca da Catedral.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    http://catedraldesantiago.es/wp-content/uploads/2017/05/Cuadro-de-clasificacio%CC%81n.pdf
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=49658 http://catedraldesantiago.es/wp-content/uploads/2017/05/Cuadro-de-clasificacio%CC%81n.pdf
  • 4.1. Horario
    Acceso: Sacristía De Luns a venres, de 9:00 a 13:30. De luns a mércores, de 16:30 a 19:00 Pechado en agosto e festivos.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Normativa de acceso e consulta dispoñible na páxina web do Arquivo-Biblioteca.
  • 4.3. Accesibilidade
    Non.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    http://catedraldesantiago.es/wp-content/uploads/2017/05/Servicios.pdf http://catedraldesantiago.es/wp-content/uploads/2017/05/NORMATIVA-DE-ACCESO-Y-CONSULTA-DE-DOCUMENTACIO%CC%81N.pdf Consulta en sala Información e referencia Reprografía Certificacións e compulsas Formación de usuarios Préstamo para exposicións
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Sala de investigadores. Biblioteca especializada
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador.
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial.
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-11-14 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-27 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do censo guía de arquivos da igrexa, do Portal de Arquivos de Galicia, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -