• 1.1. Código identificador
    ES GA 36055 AHDT
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo Capitular e Histórico Diocesano de Tui
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Capitular e Histórico Diocesano de Tui
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Privada. Categoría: Arquivos relixiosos
  • 2.1. Localización
    Catedral de Tui, praza de San Fernando, s/n, 36700 Tui (Pontevedra)
  • 2.2. Enderezo
    TUI
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 986 600 879
    Fax:
    -
    Email:
    archivo@diocesetuivigo.org
  • 2.4. Persoas de contacto
    Avelino Bouzón Gallego, director.
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    A tradición considera que a historia da diócese arrinca co episcopado de S. Epitacio no século I. Durante as invasións árabes e normandas a presenza episcopal na sede tudense resultou moi dificultosa, por mor das continuas devastacións. Os bispos, con moita frecuencia, víronse obrigados a “desterrarse e refuxiarse” acollidos á hospitalidade dos seus irmáns veciños, unhas veces en Iria Flavia (Padrón), outras en Labrugia (Portugal) ou en San Esteban de Ribas do Sil (Ourense). Por iso os historiadores falan de “restauración” da diocese de Tui a finais do século XI. Durante o reinado de Fernando II (1170) comenzan as obras de construcción da catedral actual vinculadas ao traslado da cidade a un lugar máis alto e seguro e ao outorgamento ao bispo de novas doazóns para continuar as obras da fábrica da catedral. Momentos destados da diócese foron o Cisma de Occidente (1378-1417) pola que pasa a depender da diócese bracarense á compostelana e desgaixaríanse 230 parroquias do norte de Portugal. Así mesmo a creación de dúas colexiatas en Baiona e Vigo no século XV que desaparecerían co concordato de 1851. Finalmente en 1959 concédese a diócese a dobre titularidade de Tui-Vigo.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O territorio da Diocese -que en diversos momentos comprendeu terras hoxe de Portugal e do Ribeiro ourensán-, abarca na actualidade 1.721 quilómetros cadrados do sur da provincia de Pontevedra e é a máis pequena das dioceses españolas do territorio peninsular en extensión, aínda que non en poboación. Dividida en 276 parroquias, o último censo atribúelle unha poboación de 517.658 habitantes.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Regulamento dos Arquivos Eclesiásticos Españois, aprobado pola Conferencia Episcopal Española, na sesión plenaria do 5 de xullo de 1976. Estatutos da Asociación de arquiveiros da Igrexa en España, aprobados pola XLVIII asamblea da Conferencia Episcopal, o 22 de abril de 1988. Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    -
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa a documentación que fai a Curia e a dos arquivos parroquiais ao cumprir a documentación máis de cen anos. Tamén hai doazóns particulares.
  • 3.6. Edificio
    Ocupa dous espazos da Catedral de Tui, nas antigas dependencias do cabido Catedralicio "Palacio de Contaduría" e a sala Capitular enriba da sancristía. Ocupa un espazo de 35000 metros cadrados. Prevese trasladar o arquivo a un novo local
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo xeral arquivo diocesano: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=9616133 Fondo arquivo capitular diocesano: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?p_p_id=catalogodocumenalportlet_WAR_catalogodocumentalportlet&idObjeto=9616144 Fondo arquivo histórico diocesano: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?p_p_id=catalogodocumenalportlet_WAR_catalogodocumentalportlet&idObjeto=9616148 Fondo arquivo histórico do hospital de Tui: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?p_p_id=catalogodocumenalportlet_WAR_catalogodocumentalportlet&idObjeto=9616161 Fondo arquivo histórico curia diocesana: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?p_p_id=catalogodocumenalportlet_WAR_catalogodocumentalportlet&idObjeto=9616155 Fondo arquivo histórico curia. Vigairía: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?p_p_id=catalogodocumenalportlet_WAR_catalogodocumentalportlet&idObjeto=9616157
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/clasificacionJerarquica/clasificacion.do?idArchivo=37 Cadro clasificación Arquivo Histórico Diocesano: https://www.diocesetuivigo.org/wp-content/uploads/2021/07/FondoArquivo-Histo%CC%81rico-Diocesano.pdf Cadro clasificación Arquivo Capitular Diocesano: https://www.diocesetuivigo.org/wp-content/uploads/2021/07/FondoArquivoCapitular.pdf Cadro clasificación Arquivo Histórico da Curia Diocesana: https://www.diocesetuivigo.org/wp-content/uploads/2021/07/Fondo-Curia.pdf Cadro clasificación Arquivo Histórico da Curia-Vigairía Xeral: https://www.diocesetuivigo.org/wp-content/uploads/2021/07/FondoArquivo-Curia-Vigairi%CC%81a-Xeral.pdf Cadro clasificación Hospital Diocesano de Tui: https://www.diocesetuivigo.org/wp-content/uploads/2021/07/FondoHospital.pdf http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetailSession.htm?id=651411 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetailSession.htm?id=63490
  • 4.1. Horario
    Mércores e venres de 10:00 a 14:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Accesibles ós investigadores e a todo aquel público que xustifique a súa utilización; hai que cubrir un formulario cos datos persoais.
  • 4.3. Accesibilidade
    Non.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    15 postos na sala de investigadores coa posibilidade de un cupo de 20 persoas. Biblioteca Auxiliar Permítese o uso de ordenadores propios e facer consultas por e-mail.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Sala de investigadores.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador.
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial.
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-09 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-27 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Pontevedra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -