Arquivo histórico provincial de Lugo

1. Identificación

  • 1.1. Código identificador
    ES GA 27028 AHPLU
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo Histórico Provincial de Lugo
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Histórico Provincial de Lugo
  • 1.4. Outras formas do nome
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: estatal Xestión: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia Categoría: arquivos históricos provinciais

2. Área de Contacto

  • 2.1. Localización
    LUGO
  • 2.2. Enderezo
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 982 227 956
    Fax:
    +34 982 225 806
    Email:
    ahp.lugo.informacion@xunta.es
    Web:
    http://arquivosdegalicia.xunta.es/portal/arquivo-historico-provincial-de-lugo/#
  • 2.4. Persoas de contacto
    Dolores Pereira Oliveira (Directora)

3. Área de Descrición

  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    O Arquivo Histórico Provincial de Lugo foi creado pola Orde do Ministerio de Educación Nacional do 10 de maio de 1951, como resultado dun longo proceso inicado en 1938 polo Padroado provincial de Arquivos, Bibliotecas e Museos, a partir da publicación do Decreto conxunto dos ministerios de Xustiza e Instrución Pública e belas Artes do 12 de novembro de 1931, polo que se crean os arquivos históricos provinciais. Instalouse provisionalmente nuns locais cedidos pola Deputación no Palacio Provincial, provisionalidade que se mantivo ao longo de 37 anos, dende 1951 ata 1988, data na que se constrúe un edificio propio. Coa construción deste edificio, o Arquivo Histórico Provincial de Lugo vai dispoñer de espazo para exercer os labores de custodia e servizo. Ata entón, e a causa do exiguo dos depósitos, só podía recoller os protocolos notariais do distrito de Lugo, do arquivo municipal da capital e das contadorías de hipotecas da cidade, pero os novos locais permítenlle cumprir desafogadamente coas súas funcións. De titularidade estatal e xestión transferida á Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa lexislación vixente, o Arquivo Histórico Provincial de Lugo é o encargado de recibir, custodiar e servir a documentación producida polos órganos de goberno da Administración periférica do Estado na provincia de Lugo, a documentación xudicial e tamén a producida polos órganos da Xunta de Galicia en Lugo, e pode recibir, mediante compra, doazón ou depósito, fondos privados e coleccións documentais. Forma parte do Sistema de Arquivos de Galicia e do Sistema Estatal de Arquivos.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    A provincia de Lugo ten unha superficie de 9.856 km2 e 346.005 habitantes. Foi creada coa reforma de Javier de Burgos en 1833 unindo as antigas provincias de Mondoñedo e Lugo e está formada por 67 concellos, 9 partidos xudiciais e 6 distritos notariais.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    -Decreto de 12 de novembro de 1931 dos ministerios de Xustiza e de Instrución Pública e Belas Artes sobre o réxime e a denominación dos arquivos históricos de protocolos e os históricos provinciais. -Convenio entre o Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia sobre xestión de arquivos de titualridade estatal. (Resolución do 14 de decembro de 1989, pola que se lles dá publicidade aos convenios). -Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio cultural de Galicia. -Orde do 30 de agosto de 2010, normas para realizar transferencias con destino aos arquivos dependentes da Xunta de Galicia. -Orde do 31 de agosto de 2010 pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia. -Orde do 1 de setembro de 2010 pola que se establecen as normas para a realización de préstamos de documentos entre os arquivos propios e xestionados pola comunidade autónoma e as oficinas da Xunta de Galicia. -Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. -Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia
  • 3.4. Estructura administrativa
    Dirección Administración Sección Arquivo Laboratorio de restauración Reprografía
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Transferencias de tribunais e xulgados da provincia, fondos documentais de fe pública e administración periférica do Estado e autonómica en Lugo. Compras, depósitos e doazóns de documentación maioritariamente privada.
  • 3.6. Edificio
    Ten un total de 3.501,48 m2 divididos en seis plantas. Nas tres sobre o chan atópanse os locais de traballo e de servizo ao público, mentres que nas tres subterráneas están os depósitos, capaces de albergar 20.000 m. de documentos con total seguridade.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    1. fondos públicos 2. fondos privados 3. Coleccións fondos públicos 2. fondos privados 3. Coleccións#
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións

4. Área de Acceso

  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 8:30 a 20:30 horas. Pechado os días 1 e 6 de xaneiro, martes de Entroido, xoves e venres de Pascua, 1 e 17 de maio, 25 de xulllo, 15 de agosto, 5 e12 de outubro, 1 de novembro e 6,8,24,25 e 31 de decembro.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de carácter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das normativas vixentes en materia de protección de datos e consulta de documentos.
  • 4.3. Accesibilidade
    Acceso para persoas con discapacidade: si. As liñas 3, 3A, 4, 9, 9A, 11 e 12 dos Autobuses Urbanos de Lugo conectan co arquivo. Ademais, hai unha parada de taxis a pouco más de 150 m e a Estación de Autobuses de Lugo está a menos de 700.

5. Área de Servizos

  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    Sala de investigadores; instrumentos de descrición en papel e opac; lectores de microfilme e ordenadores a disposición do público; servizo de asesoramento; consulta por correo postal, correo electrónico e fax; biblioteca auxiliar de referencia.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Copias en papel e dixitais en distintos formatos e gravación de imaxes, suxeitas ás tarifas establecidas na normativa correspondente. Tanto a reprodución en sala como a reprodución para edición deben aterse á normativa vixente.
  • 5.3. Espazos públicos
    Sala de usos múltiples. Biblioteca auxiliar de referencia.

6. Área de Control

  • 6.1. Identificador de descrición
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.2. Identificador de institución
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08-22 [ISO 8601]. Revisión: 2015-01-29 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Guía dos arquivos da Xunta de Galicia. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral de Cultura, 2013, p. 55-64.
  • 6.9. Notas de mantemento