3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O 1 de abril de 1975, o Arcebispo de Santiago de Compostela, Ángel Suquia Goicoechea, decretou la creación do Arquivo Histórico Diocesano en dependencias do edificio de San Martín Pinario, sé do Seminario Maior, onde serían instalados, ordenados e custodiados algúns dos fondos documentais máis importantes, nos que se condensa a memoria e la historia da diocese compostelá.
No Decreto de creación se indicaban con detalle estes fondos:
- Arquivo chamado de Palacio.
- Arquivo do Provisorato.
- Arquivo de Secretaría de Cámara e Cancillería Arcebispal.
- Arquivo de Vigairía Xeral.
- Arquivo da extinguida Vigairía de Pastoral.
- Arquivos parroquiais anteriores ao ano 1900.
- Arquivos dos demais órganos de goberno diocesanos.
O seu primeiro director, Salvador Domato Búa, grazas á axuda de diversas institucións, especialmente a Fundación Pedro Barrié de la Maza, dotou aos espazos reservados para o Arquivo dos instrumentos e estruturas necesarios para o desenvolvemento da súa labor arquivística. Dende o primeiro momento contouse cun sala de consulta capaz e cómoda, un gran depósito para os fondos, medidas de seguridade e de conservación da documentación, etc. E coa colaboración de moitos universitarios, investigadores e voluntarios levouse a cabo unha inxente tarefa de limpeza, inventariado e catalogación dos documentos.
No ano 1977, publicouse un primeiro inventario do Fondo Xeral, baseado no traballo de ordenación realizado nos años 20 por Pablo Pérez Constanti e na súa posterior redacción de 1943 de Salustiano Portela Pazos. En apéndice engadíanse abundantes intercalacións froito do traballo realizado ata aquela data.
Naquela mesma época, para axuda e información dos investigadores, publicouse igualmente unha Guía sobre o Arquivo Histórico Diocesano e o Arquivo da Catedral.
Entre os anos 1990-1994, con motivo da creación do Museo Diocesano e a remodelación da parte dereita del claustro procesional de San Martín Pinario, e coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, crearonse as novas instalacións do Arquivo Histórico Diocesano, inauguradas o 8 de outubro de 1994 polo Arcebispo de Santiago de Compostela, Antonio Rouco Varela.
No ano 2000, publicouse unha nova edición da descrición do Fondo Xeral, mellorando a súa estrutura e sistematización, corrixindo algúns erros de datación ou identificación e engadindo toda a documentación incorporada ao longo dos últimos anos.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
A Arquidócese compostelana ten a súa sede eclesiástica na catedral de Santiago de Compostela e dela dependen catro dióceses sufragáneas: Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo. Abarca parte da provincia de A Coruña (excepto ao norte da ría de Ferrol) e a zona sita ao norte da ría de Vigo da de Pontevedra.
3.3. Atribucións/fontes legais
-Regulamento dos Arquivos Eclesiásticos Españois, aprobado pola Conferencia Episcopal Española, na sesión plenaria do 5 de xullo de 1976.
-Estatutos da Asociación de arquiveiros da Igrexa en España, aprobados pola XLVIII asamblea da Conferencia Episc
3.4. Estructura administrativa
-
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Ten a tarefa de recuperar, poñer a salvo e inventariar todo o acervo documental da diocese, especialmente a documentación parroquial, e a descrición da documentación existente no Arquivo, para facilitar o traballo e o acceso dos investigadores á mesma.
3.6. Edificio
Foi mosteiro benedictino ata 1835 debido ás leis de exclaustración e desamortización de Mendizábal. Entre 1866-1890 comeza o traslado do Seminario Conciliar, mediante unha permuta co Goberno. Ocupa o piso alto da parte dereita da fachada e do claustro
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1. Fondo General 2. Parroquial 3. Fondo "San Martiño Pinario" 4. Cofradías e Institucións Eclesiásticas Fondo General 2. Parroquial 3. Fondo "San Martiño Pinario" 4. Cofradías e Institucións Eclesiásticas#
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
-