3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O Arquivo da Deputación xorde ao mesmo tempo que a institución, non obstante a primeira noticia certa da súa existencia témola no “Regulamento interior das dependencias da Deputación Provincial da Coruña” de 1889, que nos seus artigos 64 ao 71 establecía as súas funcións. Así mesmo consta en 1888 o nomeamento como arquiveiro-bibliotecario de Bernardo Barreiro de Vázquez Varela e o de Manuel Murguía en 1909 .
A sede do Arquivo sufriu diversos traslados a través do tempo que provocaron deficiencias na conservación dos documentos.
Durante o século XIX e primeira metade do XX, o Arquivo acompañou á institución polos diversos edificios da cidade coruñesa que esta ocupou, entre eles o edificio do Teatro Rosalía de Castro. Nas décadas dos anos 60 e máis 70, a documentación foi almacenada no Pazo de Mariñán, onde sufriu un gran deterioro, o que ocasionou a destrución dunha parte desta.
Dende 1985 o Arquivo atópase na rúa Archer Milton Huntington. A partir desta data inícianse os traballos de descrición documental que continúan na actualidade.
Hoxe en día o Arquivo desta Deputación Provincial constitúe unha Sección que depende orgánicamente da Secretaría Xeral.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
A Deputación da Coruña, creada polo Real decreto de 21 de setembro de 1835, ten como función o goberno, administración e prosperidade da provincia. A provincia da Coruña é a máis poboada da comunidade autónoma de Galicia. A súa capitalidade e sede da deputación é a cidade da Coruña.
3.3. Atribucións/fontes legais
-Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local
-Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia
-Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia
3.4. Estructura administrativa
-
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencias anuais dende os diferentes servizos, centros e Organismos da Deputación Provincial fixadas nun calendario de transferencias. Son posibles outras vías de ingreso ben por doazón, depósito ou adquisición.
3.6. Edificio
Metros lineais de documentación 4.908 metros lineais. Unidades de instalación: 39.703 caixas de fondos xestión administrativa da Deputación. 3 caixas de fondos privados. 4 caixas de outros materiais. 68 caixóns en planeros. 8.141 fotografías.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1. Diputación Diputación#
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
-