3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O Consello de Contas de Galicia, ente fiscalizador das contas e da xestión económico-financeira do sector público galego, foi creado pola Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de Autonomía de Galicia. A Lei de Galicia 6/1985 que regula a súa organización e funcionamento foi modificada posteriormente pola Lei 4/1986, do 26 decembro. O Tribunal Constitucional na súa Sentencia 18/1991, do 31 de xaneiro, precisou que as competencias do Consello de Contas en materia de xulgamento serán exercidas por delegación do Tribunal de Cuentas.
Por acordo de 2 de xuño de 1992 da Comisión permanente non lexislativa para as relacións co Consello de Contas, o Parlamento aprobou o Regulamento de réxime interior da Institución, ultimándose deste xeito o marco legal no que exerce as súas funcións.
O inicio das súas actividades producíuse o primeiro de marzo de 1991, ó tomaren posesión dos seus cargos os cinco conselleiros designados polo Parlamento de Galicia
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O exercicio das súas competencias esténdense ao sector público galego que está composto pola Administración Autonómica e as entidades locais, así como os seus organismos autónomos e empresas dependentes, as cámaras agrarias, da propiedade, de comercio, industria e navegación, confrarías de pescadores e outras de natureza equivalente.
3.3. Atribucións/fontes legais
-Lei 6/1985, do 24 de xuño, de creación do consello de contas.
-Lei 4/1986, do 26 de decembro, de modificación da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do consello de contas.
-Resolución do 25 de xuño de 1992 pola que se dispón a publicación do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas de Galicia.
-Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.
-Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
-Lei 8/2015, do 7 de agosto, de reforma da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do consello de contas, e do texto refundido da Lei de réxime financiero e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, para a prevención da corrupción.
3.4. Estructura administrativa
Secretaría Xeral Sección de Arquivo e Biblioteca
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
-
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
-
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
-