• 1.1. Código identificador
    ES GA 15030 AUDC
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Centro de Documentación e Arquivo da Universidade da Coruña
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Centro de Documentación y Archivo de la Universidad de A Coruña. Archivo de la Universidad de A Coruña.
  • 1.4. Outras formas do nome
    CEDAR
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Categoría: arquivos universitarios
  • 2.1. Localización
    Rúa As Carballeiras, 1. Edificio Xoana Capdeville, Campus de Elviña, 15071 A Coruña (A Coruña)
  • 2.2. Enderezo
    A CORUÑA
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 881 015 684 // 881 015 683 // 881 015 682
    Fax:
    +34 981 167 108
    Email:
    cedar@udc.es
  • 2.4. Persoas de contacto
    José Luis Mínguez Goyanes (Xefe do Servizo de Rexistro, Documentación e Arquivo)
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    A Universidade da Coruña foi creada pola Lei 11/1989 do 20 de xullo, de ordenación do sistema universitario de Galicia. O Claustro Constituínte aprobou, o día 4 de febreiro de 1992, os Estatutos da Universidade que foron publicados no DOG do 17 de setembro de 1992. Para proporcionar á Universidade un permanente apoio social creouse a Fundación Universidade da Coruña, fundación privada de carácter benéfico docente. O actual Servizo de Rexistro, Documentación e Arquivo apareceu no ano 2005. O Centro de Documentación e Arquivo da Universidade da Coruña (CEDAR) é unha unidade especializada no tratamento e na xestión da documentación da universidade, na súa custodia e na accesibilidade aos membros da comunidade universitaria e á sociedade en xeral. O CEDAR é unha unidade de apoio á docencia, á investigación e á xestión administrativa da universidade. O CEDAR cubre a xestión dos documentos activos e semiactivos e dos documentos históricos que proveñen do conxunto das unidades administrativas e académicas da Universidade da Coruña. Adquire e xestiona documentos que son considerados necesarios para o ensino, a investigación ou para a mesma historia da institución. O CEDAR pertence á Conferencia de Archivos de las Universidades españolas (CAU) e mesmo participa activamente no seu Comité Executivo e nos grupos de traballo
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    É unha institución pública que ten como finalidade esencial a xeración, a xestión e a difusión de cultura e de coñecemento científico, tecnolóxico e profesional a través do desenvolvemento da investigación e da docencia. Así mesmo manifesta o seu compromiso co estudo e desenvolvemento integral de Galicia, singularmente da súa identidade social, cultural e lingüística, e asemade promoverá a súa plena integración no espazo europeo de ensino superior e a súa proxección en América Latina. Estructúrase territorialmente nos capus da Coruña e de Ferrol.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia Regulamento do Centro de Documentación e Arquivo (CEDAR), aprobado no Consello de Goberno o 19 de decembro de 2005. Decreto 194/2007, do 11 de outubro, polo que se modifica o decreto 101/2004, do 13 de maio, polo que se aproban os Estatutos da Universidade de A Coruña.
  • 3.4. Estructura administrativa
    O Servizo de Rexistro, Documentación e Arquivo depende da Secretaría Xeral da Universidade de A Coruña.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Réxese polo Regulamento do Centro de Documentación e Arquivo (Consello de Goberno do 19 de decembro de 2005) e polas Normas básicas de transferencia de documentación. Ambas dispoñibles na web.
  • 3.6. Edificio
    O arquivo atópase na zona central do andar baixo do edificio da reitoría.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    https://www.udc.es/gl/srda/cedar/fondos_documentais/
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/clasificacionJerarquica/clasificacion.do?idArchivo=22 https://www.udc.es/export/sites/udc/srda/_galeria_down/cedar/guia_del_cedar.pdf_2063069294.pdf
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas Xullo e agosto: De luns a venres, de 9:00 a 14:30 h.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Precisa identificación con DNI ou pasaporte para a consulta. Non se permite o traslado de documentos fóra do espazo destinado a consulta, salvo que fose especificamente autorizado.
  • 4.3. Accesibilidade
    Formas de acceso: A liña E (universidade) do autobús urbán ten parada a 50 m do edificio e a liña 24. Tamén se pode chegar en tren (apeadeiro de Elviña) Zona de aparcamento.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    https://www.udc.es/gl/srda/cedar/servizos/ Sala de consulta para o público Ordenador para consulta con conexión a internet. Na páxina web do arquivo hai uns enlaces a uns formularios para solicitar a consulta ou o préstamo de documentos.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    É posible na medida en que o permitan os medios técnicos dispoñibles e mediante o pagamento do prezo que estea establecido, coa excepción dos documentos cuxo acceso estea restrinxido pola normativa vixente (ver artigo 14 do Regulamento do CEDAR)
  • 5.3. Espazos públicos
    -
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-10-08 [ISO 8601]. Revisión: 2015-01-28 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -