3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Por R.D. 3214/1982 transferíronse á Comunidade Autónoma de Galicia os portos, pero o de Ferrol conservou a sua titularidade estatal por considerarse de interese xeral. A Ley 27/1992 de 24 de novembro de Potos do Estado e da Mariña Mercante suprimiu as Xuntas de Obras de Portos e creou as Autoridades Portuarias, entidades públicas con autonomía para xestionarense con criterios de eficacia empresarial. Naceu así a Autoridade Portuaria de Ferrol, á que se unirá o porto de S. Ciprián, xestionado por organismos autónomos; en 2001 adoptuse a denominación de Autoridade Portuaria de Ferrol-S. Cibrao.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
A autoridade portuaria de Ferrol-San Cibrao xestiona e administra o correcto funcionamento de dous recintos portuarios: Ferrol e San Cibrao. O porto de Ferrol,o de maior actividade comercial, está situado ao norte da provincia da Coruña, dominando a ría do mesmo nome que baña as costas dos municipios de Ares, Mugardos, Fene, Neda, Narón e Ferrol. Debido a súa extratéxica posición xeográfica, ao abrigo que lle ofrece a ría, recibe un tráfico continuo de buques mercantes, pesqueiros, militares e de recreo.
O porto de San Cibrao, situado ao nordeste da provincia de Lugo, nos municipios de Cervo e Laxe na denominada Mariña Lucense, sirve de apoio a actividade industrial da factoría ALCOA, concesionarios da súa xestión administrativa
O RD 1590/92 agrupa o Porto de San Cibrao na AP-Ferrol-San Cibrao.
3.3. Atribucións/fontes legais
-Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.
-Real Decreto Lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Portos do Estado e da Mariña Mercante.
-Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
-
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
O ingreso de documentos prodúcese por transferencias regulares ou por doazón, compra ou cesión de documentos. As transferencias formalizaranse segundo o calendario que se estableza entre as unidades productoras e o Xestor do Arquivo.
3.6. Edificio
Rexistros catalográficos: 18.000 Unidades de instalación: 3.974 (caixas) Metros lineais de documentación: 605,15
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1. Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao#
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
-