3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O Arquivo Xudicial Territorial de Ourense se crea formalmente por Decreto 46/2009, do 26 de febreiro, sobre os arquivos xudiciais territoriais e a Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia, con sede na Audiencia Provincial de Ourense. Será a Orde do 4 de setembro de 2012, a que determine o inicio das actividades dos arquivos xudiciais territoriais; sen embargo, o Arquivo Xudicial Territorial de Ourense non entrará en funcionamento ata o ano 2014, momento no que se dota dunha praza de arquiveiro.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Ámbito xeográfico: provincia de Ourense
3.3. Atribucións/fontes legais
-Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder xudicial.
-Lei Orgánica 7/2015, de 21 de xullo, modifica a lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial
-Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
-Real decreto 937/2003, de 18 de xullo, modernización dos arquivos xudiciais
-Acordo do 15 de setembro de 2005, do Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, polo que se aproba o Regulamento 1/2005, dos aspectos accesorios das actuacións xudiciais.
-Real Decreto 1608/2005, do 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento Orgánico do Corpo de Secretarios Xudiciais.
-Decreto 46/2009, do 26 de febreiro, sobre os arquivos xudiciais territoriais e a Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia.
-Orde do 4 de setembro de 2012 pola que se aproban as normas e os modelos de transferencia de documentación xudicial e se determina o inicio das actividades dos arquivos xudiciais territoriais e da Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia.
-Orde do 29 de xullo de 2014 pola que se modifica a Orde do 4 de setembro de 2012 pola que se aproban as normas e os modelos de transferencia de documentación xudicial e se determina o inicio das actividades dos arquivos territoriais e da Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia.
-Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
-
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Recibe transferencias documentais dos diferentes órganos xudiciais e transfire documentación ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense.
3.6. Edificio
O edificio non é de uso exclusivo para arquivo. É sede da Audiencia Provincial, ademais doutros órganos como o xulgado e a fiscalía de menores, mediación e policía xudicial. Os depósitos adicados a arquivo están sitos nos sotos e na 1ª planta.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Custodianse aproximadamente 5.180 m.l. de documentación xudicial. Custódianse fondos de tódolos órganos xudiciais da Provincia de Ourense, de distintos ordes xurisdiccionais: Audiencia Provincial, Xulgados de Instancia, Xulgados de Instrucción, Xulgados d
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
-