3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O Arquivo Intermedio Militar Noroeste é un un arquivo de titularidade estatal integrado no Sistema Arquivístico da Defensa e dependente do Instituto de Historia e Cultura Militar (Exército de Terra, Ministerio de Defensa). Ubícase no "Baluarte do Infante", o único dos seis que aínda se mantén do antigo recinto amurallado de Ferrol, construído no último cuarto do século XVIII. Trátase dun conxunto de edificacións históricas catalogadas, representativo da arquitectura militar daquela época. Cando en 1884 se organizou o 4º Batallón de Artillería de Plaza, designáronse como aloxamento provisional os edificios enclavados no centro do recinto do Baluarte. Ao resultar estes insuficientes, construíronse barracóns adosados ás primitivas edificacións e instaláronse as oficinas do Corpo no pequeno edificio denominado "Casa da Marquesa", que aínda se conserva.
En 1902 remodelaron e ampliáronse os locais do baluarte, executándose distintas reformas e adaptacións para acuartelar definitivamente ao Reximento de Artillería de Ferrol, posteriormente chamado Reximento de Artillería Antiaérea nº 76, ata 1988, en que este se trasladou ao veciño Acuartelamento "Sánchez Aguilera". O Reximento de Artillería Antiaérea nº 76 foi disolto definitivamente en 2002. O actual Arquivo naceu do provisional de
carácter rexional creado pola Norma Xeral 5/95 (Estado Maior do Exército, 5ª División), de 20 de novembo de 1995, para asumir a xestión dos bens documentais e histórico-artísticos, procedentes das unidades, centros e organismos disoltos en aplicación do Plan NORTE (Nova Organización do Exército de Terra), na demarcación territorial dependente do Mando Rexional Noroeste: Asturias, Cantabria, Castilla-León, Galicia, País Vasco e La Rioja (que desde o 31 de decembro de 2.010 depende do Arquivo Intermedio Militar Pirenaico, con sede en Barcelona). O Real Decreto 2598/1998, de 4 de decembro, aprobou o texto do novo Reglamento de Arquivos Militares, cuxo artículo 18.3 define os Arquivos intermedios como aqueles “aos que se transfiren os documentos desde os arquivos centrais cando a súa consulta polos organismos produtores faise esporádica e nos que permanecen ata a súa eliminación ou transferencia a un arquivo histórico” e engade o artigo 20 que «os arquivos intermedios coordinarán e controlarán o funcionamento dos distintos arquivos centrais que deban transferirlles a documentación». O Arquivo Militar Rexional Noroeste abreu as súas portas o 17 de maio de 1996. Desde xuño de dito ano ata decembro de 1997 recíbense as primeiras transferencias procedentes dos Hospitais Militares de Coruña e Valladolid, do Reximento de Artillería Antiaérea nº 75 e da Unidade de Mantemento 05/XIII/61. En 1998 recíbense os fondos procedentes da Rexión Militar Pirenaica Occidental, entre os que destacan os da Capitanía Xeral de Burgos, o Goberno Militar de Navarra,
os procedementos militares arquivados nos Gobernos Militares de Guipúzcoa e Logroño, e a documentación de unidades como os Reximentos de Infantería América nº 23, Sicilia nº 24 ou San Marcial nº 7. En 1999, coincidindo coa recepción das primeiras transferencias procedentes dos Centros de Reclutamento, deron comezo importantes obras de infraestrutura para aumentar a dispoñibilidade de espazo destinado a depósito, e en xeral, para adaptar o edificio ás súas funcións, mellorando as súas instalacións e equipamento. Os ingresos de fondos desde todas as provincias do noroeste continuaron os anos seguintes, destacando polo seu volumen e interese as procedentes do Hospital Militar de Burgos (2003) e da Delegación de Defensa de Lugo (2004), onde se ubicara o Aquhivo da Capitanía Xeral de Galicia. En 2009 incorporáronse os fondos do Goberno Militar de Guipúzcoa, do Regimiento de Infantería Ligera Tercio Viejo de Sicilia nº 67 e do Regimiento de Infantería Ligera Isabel La Católica nº 29.En 2011 recibiuse a documentación da Comandancia de Obras e Fortificacións da 8ª Rexión Militar correspondente a expedientes de edificios situados en Galicia que deixaron de utilizarse pola Administración militar. O Arquivo Intermedio Militar Noroeste conta actualmente con 12 depósitos cunha superficie de 1.703 m2, onde se custodian aproximadamente 9.000 metros lineais de documentación. Os fondos correspondentes ao seu ámbito competencial, coñecidos como fondos administrativos, ocupan máis de 7.000 metros lineais, e están datados entre 1729 y 2011). Entre eles destaca especialmente a documentación correspondente ás antigas Capitanías Xerais de Valladolid, Burgos e A Coruña, e a dos desaparecidos Gobernos Militares de Lugo, Navarra e Guipúzcoa. Outro grupo de fondos administrativos corresponden aos distintos reximentos e batallóns do Exército de Terra desplegados desde principios do século XX no noroeste da Península, correspondentes ás catro Armas, Infantería, Cabalería, Artillería
e Enxeñeiros, e unidades como o Grupo de Operacións Especiais ou o Batallón de Helicópteros de Manobra. A documentación relativa a Hospitais Militares como os de Valladolid, Logroño, Palencia, Bilbao, Oviedo, etc., ocupa máis de medio quilómetro de estanterías, e está datada entre 1912 e 1996. Destacan tamén os fondos dos Hospitais Militares de A Coruña, Santiago e Vigo. Por outro lado, conforme ao establecido polo Reglamento de Arquivos Militares, os expedientes personais de tropa de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Castilla y León e Logroño (ata 2010) son transferidos con carácter anual ao Arquivo Intermedio Militar Noroeste, a partir do momento en que dito persoal deixe de constituír a reserva do servicio militar (art. 20). Ao cabo de 20 anos, estes expedientes son transferidos á que será a súa ubicación definitiva, o Arquivo Xeral Militar de Guadalajara. Pero ademais, o Arquivo Intermedio Militar Noroeste custodia en réxime de depósito as causas e procedementos correspondentes
aos órganos da xurisdición militar do noroeste da Península. Esta documentación pertence ao Tribunal Militar Territorial Cuarto, con sede en A Coruña e está constituída por uns 2.000 metros lineais de procedementos, resolucións e actuacións xudiciais ditadas polos Xulgados e Tribunais Militares entre 1809 y 1998, que foron arquivados nas Capitanías, Gobernos e Comandancias Militares.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O seu ámbito de actuación era o territorio que abarcaba o Mando Rexional Noroeste que comprendía as seguintes provincias: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Asturias, León, Zamora, Salamanca, Valladolid, Palencia, Cantabria, Burgos, Soria, A Rioxa, Navarra, Guipúscoa, Biscaia e Álava.