3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O Decreto 46/2009, do 26 de febreiro, sobre os arquivos xudiciais territoriais e a Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia crea a rede de arquivos xudicias de Galicia, establecendo catro arquivos de ámbito provincial dependentes da persoa titular da presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poderá delegar a competencia no/a presidente/a da audiencia provincial ou no/a xuíz/a decano/a do partido xudicial onde radiquen. No artigo 3 establécese que o Arquivo Xudicial Territorial de Lugo terá a súa sede na Audiencia Provincial de Lugo.
Será a Orde do 4 de setembro de 2012 a que determine o inicio das actividades dos arquivos xudiciais territoriais.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
A provincia de Lugo.
3.3. Atribucións/fontes legais
-Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder xudicial.
-Lei Orgánica 7/2015, de 21 de xullo, modifica a lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial
-Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
-Real decreto 937/2003, de 18 de xullo, modernización dos arquivos xudiciais
-Acordo do 15 de setembro de 2005, do Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, polo que se aproba o Regulamento 1/2005, dos aspectos accesorios das actuacións xudiciais.
-Real Decreto 1608/2005, do 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento Orgánico do Corpo de Secretarios Xudiciais.
-Decreto 46/2009, do 26 de febreiro, sobre os arquivos xudiciais territoriais e a Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia.
-Orde do 4 de setembro de 2012 pola que se aproban as normas e os modelos de transferencia de documentación xudicial e se determina o inicio das actividades dos arquivos xudiciais territoriais e da Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia.
-Orde do 29 de xullo de 2014 pola que se modifica a Orde do 4 de setembro de 2012 pola que se aproban as normas e os modelos de transferencia de documentación xudicial e se determina o inicio das actividades dos arquivos territoriais e da Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia.
-Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
-
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Recibe transferencias documentais dos distintos órganos xudiciais e transfire documentación ao Arquivo Histórico Provincial de Lugo.
3.6. Edificio
O Arquivo Xudicial Territorial ten a súa sede no edificio da Audiencia Provincial. Os depósitos adicados a arquivo sitúanse na planta soto do mesmo, custodiándose aproximadamente 3.900 metros lineais de documentación.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Custódianse fondos de diferentes órganos xudiciais da Provincia de Lugo, de distintos ordes xurisdicionais: Audiencia Provincial, Xulgados de Primeira Instancia, Xulgados de Instrución, Xulgados do Penal, Tribunal Tutelar de Menores, Xulgados do Social, M
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=35827