3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O 30 de agosto de 1886 Marín comeza a ser porto de interese xeral de segunda orde a nivel estatal, iniciando unha nova etapa da súa historia. Coa creación, o 23 de setembro de 1907, da Junta de Obras del Puerto y Ría de Pontevedra todos os portos da ría pasan a depender administrativamente desta entidade estatal, que terá diversas denominacións aínda que non cambian as súas competencias ata o ano 1982, cando o Estado lle transfire os portos á Xunta de Galicia, excepto Marín que por ser porto de interese xeral do Estado pasa a depender da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra dende 1993, entidade xestora da que depende o conxunto de espazos terrestres, augas marítimas e instalacións portuarias actuais.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O Porto de Marín ubícase no noroeste da Península Ibérica, no centro xeográfico do eixo atlántico. Conta cunha superficie total de perto de 800.000 m2. Atópase en augas da Ría de Pontevedra ao abrigo da Illa de Ons. Isto dótalle de condicións excepcionais para realizar todo tipo de operacións portuarias e conta cunha óptima derrota de entrada a Europa para as principais rutas internacionais de tráfico marítimo.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
Real Decreto Lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Portos do Estado e da Mariña Mercante.
Regulamento de servizos, policía e réxime do Porto e Ría de Pontevedra, do 02 de maio de 2008.
3.4. Estructura administrativa
-
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo da Autoridade Portuaria: Porto de Marín, Dársena de reparacións. Nave Aixola.
O arquivo sitúase nunha planta baixa e consta de depósito e sala de consuta. Son 200 m2 compartidos polo arquivo portuario e a biblioteca especializada. Conta con máis de 4.000 unidades de instalación.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
O fondo constitúe a xestión da entidade desde os seus inicios, aínda que se conservan documentos anteriores.
O fondo gráfico documenta a evolución da ría de Pontevedra, da costa, lugares e portos.
No fondo cartográfico hai orixinais valiosos tanto pola súa antigüidade coma pola maestría do traballo elaborado.
Cabe engadir a Biblioteca Especializada tanto de publicacións actuais coma as coleccións antigas, de grande interese sobre o sector portuario, obras públicas en xeral, arquitectura e enxeñería; publicacións locais, lexislación, informes de prensa dedicados á actividade, xestión e obras portuarias; as memorias anuais dos portos galegos. Fondo que complementa a documentación do Arquivo.
Mais de 4.000 unidades de instalación en soporte papel e outros.
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=9615805
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetailSession.htm?id=63216