• 1.1. Código identificador
    ES GA 15078 AFGS
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo da Fundación Galiza Sempre
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo de la Fundación Galiza Sempre
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Privada. Categoría: Arquivos de Partidos Políticos e Sindicatos
  • 2.1. Localización
    Avda. Rodríguez de Viguri, 16, baixo 15702 Santiago de Compostela
  • 2.2. Enderezo
    ARQUIVO DA FUNDACION GALIZA SEMPRE
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 981 554 200
    Fax:
    +34 981 555 342
    Email:
    fgs@galizasempre.org
  • 2.4. Persoas de contacto
    Lucía Veciño Souto
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    A Fundación Galiza Sempre constitúese en 1999, promovida polo Bloque Nacionalista Galego. Inscrita no Rexistro único de fundacións de interese galego da Xunta de Galicia co número 1999/15 e no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, forma parte do Centre Maurits Coppieters, fundación política europea; da Rede Mundial polos Dereitos Colectivos dos Pobos; e do Consello Internacional de Arquivos. A fundación desenvolve dúas liñas de actuación prioritarias: unha, dirixida á promoción do pensamento socioeconómico, político e cultural de Galiza, e outra adicada á preservación e difusión da memoria histórica de Galiza e especificamente do nacionalismo galego. A Fundación Galiza Sempre (FGS) contempla nos seus estatutos a organización dun Arquivo do nacionalismo galego e do pensamento político e social de Galicia. Para este fin, levouse a cabo a adhesión no ano 2005 ao Consello Internacional de Arquivos (ICA, Sección Partidos Políticos SPP, Categoría C), asinándose un contrato de asistencia técnica coa Universidade de Santiago de Compostela no ano 2009. O Arquivo xestionado pola Fundación Galiza Sempre, comeza a súa andaina no ano 2009 coa finalidade de contribuír a reunir, organizar, conservar e poñer a disposición do público interesado o patrimonio documental do nacionalismo galego e, en especial, do Bloque Nacionalista Galego (BNG). Preténdese así garantir a preservación da memoria e da experiencia histórica do BNG, a través da conservación da documentación emanada dos seus xa trinta anos de historia. O Arquivo alberga os fondos do BNG dende a súa creación, recollendo ademáis documentación de diversas organizacións, sindicatos e outros grupos ou partidos afíns, colaborando na importante labor de difusión dunha documentación fundamental para a reconstrución do noso pasado recente. A documentación conservada no Arquivo é de obrigada consulta para calquera traballo de investigación que aborde algún aspecto do nacionalismo galego contemporáneo. Os fondos da Fundación ofrecen materiais inéditos e de gran utilidade para o investigador, aspirando a converterse nun dos fondos especializados en documentación política e social do país
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Preténdese garantir a preservación da memoria e da experiencia histórica do BNG, a través da conservación da documentación emanada dos seus xa trinta anos de historia, e tamén das diversas organizacións, sindicatos e partidos ou grupos afíns.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    -Lei 11/1991 de 8 de novembro, de reforma da lei 7/1983, de 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. --Orde do 6 de marzo de 2001 pola que se declara de interese galego a Fundación Penzol e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Ineterese Galego -Lei 12/2006 de Fundacións de Interese Galego. -Decreto 14/2009, de 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego. -Lei 7/2014, de arquivos e documentos de Galicia
  • 3.4. Estructura administrativa
    Dirección. Servizos Técnicos. Arquivo
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    O Arquivo reúne documentación de organizacións nacionalistas galegas e máis dos seus dirixentes e militantes. Recolle fondos de particulares e de organizacións.
  • 3.6. Edificio
    O arquivo ten unha superfice de 32 m2 e contén 160 metros lineais de documentación.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    fondos particulares ou persoais fondos de organizacións fondos documentais do Nacionalismo Galego Fondo iconográfico e de materiais especiais http://fondos particulares ou persoais fondos de organizacións fondos documentais do Nacionalismo Galego Fo
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=1402672#
  • 4.1. Horario
    De Luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas (concertar cita previa)
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Os requisitos para acceder aos fondos do Arquivo FGS son: solicitar cita previa, acreditar unha finalidade investigadora e presentar o documento de identidade. Formulario de solicitude: http://www.galizasempre.org/memoria/arquivo/formulario-solicitude
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    Asesoramento sobre fontes documentais complementarias. Información sobre novos ingresos de fondos. Consulta de obras na biblioteca auxiliar. Actividades divulgativas. Atención de consultas vía telefónica, correo ordinario e electrónico.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Sala de investigadores.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador.
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial.
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-10-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-27 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -