• 1.1. Código identificador
    ES GA 36038 AUVI
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo Universitario de Vigo
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Universitario de Vigo
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Categoría: arquivos universitarios
  • 2.1. Localización
    Sección Arquivo, Biblioteca Central, Campus Lagoas Marcosende, 36310 Vigo (Pontevedra)
  • 2.2. Enderezo
    VIGO
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 986 814 074
    Fax:
    +34 986 813 857
    Email:
    xsarquiv@uvigo.es
  • 2.4. Persoas de contacto
    Beatriz Sogo López. Arquiveira
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    A Universidade de Vigo foi fundada a partir da segregación da Universidade de Santiago de Compostela, hasta aquel momento a única universidade galega, en tres: a propia de Santiago e as novas de Coruña e Vigo. Os seus antecedentes se atopan no Colexio Universitario de Vigo creado nos anos setenta con patrocinio da Caixa de Aforros Municipal (hoxe absorbida por Abanca), o Colexio Universitario de Ourense, inaugurado en 1973, e as escolas de Maxisterio e Enfermería en Pontevedra cidade. Os primeiros Estatutos da Universidade foron aprobados pola Xunta de Galicia o 23 de agosto de 1993. A creación de novos centros docentes e servizos e a implantación de novas titulacións ofrecen, ao longo da traxectoria da Universidade de Vigo, a evolución acorde cos cambios nas necesidades educativas que demanda a sociedad na que se insire. O Arquivo Universitario créase en 1993, adscrito orgánicamente ao servizo de Biblioteca e con dependencia funcional da mesma, sen prexuízo da súa relación co/a secretario/a xeral da Universidade, órgano ao que os Estatutos encomendan a función de recepción, compilación, depósito, custodia e certificación dos arquivos xerais. Conta con tres campus localizados nas tres cidades do sur de Galicia arriba mencionadas.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Sito no Campus Universitario de Vigo, cidade máis populosa de Galicia, radicada no litoral Sudoeste da Comunidade Autónoma. Destacan desta Universidade as carreiras de carácter técnico e as enxeñerías. A Universidad de Vigo enmárcase no tecido social e económico de cada unha das tres cidades nas que desenvolve a súa actividade académica e investigadora: Vigo, Ourense e Pontevedra. Abrangue o contexto xeográfico do sur de Galicia.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Regulamento do Arquivo, aprobado polo Consello de Goberno, o 27 de xaneiro de 2005. Decreto 13/2019, de 24 de xaneiro, polo que se aproban os Estatutos da Universidade de Vigo.
  • 3.4. Estructura administrativa
    O Arquivo é unha sección do servizo de Biblioteca Universitaria. Non está dotado de estrutura interna.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    -
  • 3.6. Edificio
    O Arquivo presta os seus servizos dende a Biblioteca Central do campus de Vigo. Conta con depósitos documentais no Edificio Fundición do campus de Vigo, e nas Bibliotecas Centrais do campus de Ourense e de Pontevedra. M2 de depósito: 404 m² Metros lineais de estantería: 2.364 m Metros lineais de documentación: 1.750 m Servizos técnicos: 14 m²
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Está constituído por todos os arquivos de xestión, o Arquivo Xeral e a Comisión Cualificadora de Documentos Administrativos. O fondo documental componse da documentación xerada e recibida pola Universidade no exercicio das súas funcions, dende 1990. Outros fondos documentais custodiados correspóndense coas institucións antecedentes da Universidade: Fondo Comercio (1920-1990); Fondo Peritos Industriais (1901-1990); Fondo Maxisterio Ourense (1888-1990); Fondo Maxisterio Pontevedra (1866-1990); Fondo Colexios Universitarios (1972-1990). Custodia ademáis algúns fondos privados relacionados coa actividade investigadora do profesorado da Universidade: Fondo Simeón García (1919-1951); Fondo Sociedad Electra Popular de Vigo e Redondela (1908-1919).
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación: https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2023-06/cadrodeclasificacion_0.pdf http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=1139756
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9:00 h a 14:30 h.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    O Arquivo Xeral proporciona á cidadanía en xeral o dereito de acceso aos documentos constitutivos do patrimonio documental da Universidade, nos termos que determina a lexislación vixente e coas restriccións que nela se contemplan.
  • 4.3. Accesibilidade
    Dispón de instalacións adaptadas a persoas con discapacidade.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    O Arquivo dispón de sala de consulta na Biblioteca Central do campus de Vigo, con acceso libre para a consulta dos fondos bibliográficos da Biblioteca. Proporciónase asesoramento para localización de fontes documentais de arquivos. Consulta non presencial a través do correo electrónico.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    O edificio da Biblioteca Central, onde se localiza o espazo de consulta do Arquivo, conta con zonas de esparcemento, conexión wifi e máquinas expendedoras.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-10 [ISO 8601]. Revisión: 2015-02-03 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -