• 1.1. Código identificador
    ES GA 15078 AFLT
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo da Fundación Luis Tilve
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo da Fundación Luis Tilve
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Privada. Categoría: Arquivos de Partidos Políticos e Sindicatos
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    A Fundación “Luis Tilve” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (DOG de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (DOG do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Jesús Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Con tal propósito, nas instalación da Fundación, creouse un Arquivo Histórico do Movemento Obreiro en Galicia, inscrito na Rede de Arquivos de Galicia, ao que se suma unha Biblioteca Especializada no Mundo do Traballo, integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia (D.O.G. de 16 de xullo de 2009). Dende o nacemento da Fundación un dos principais obxectivos da mesma foi por en marcha o Arquivo, meta que se acadou no ano 1.999, cando se empezou a levar a cabo definitivamente dito proxecto, completado en distintas fases de actuación: Nunha 1ª fase, levada a cabo por Emilio Garrido Moreira, almacenouse e recolleuse a documentación xerada por UGT-Galicia ou chegada ao sindicato, así como diverso material sociopolítico e sindical proveniente de toda Galicia e incluso de España, facendo unha primeira selección e sinxela clasificación. A 2ª fase consistiu na identificación, clasificación, descrición en fichas e ordenación da documentación almacenada en Rábade (Lugo), en base a un cadro de clasificación orgánico elaborado polo novo Equipo Técnico, dirixido por Guillerme Pérez. Dito material, unha vez gardado nos seus respectivos cartafoles e caixas, foi trasladado a nova sede en Santiago de Compostela e ubicado nun arquivo compacto seguindo un orden de numeración correlativo. Na 3ª fase trasladouse a descrición das fichas físicas ao programa de xestión documental en rede ALBALA, ao cal están vinculados os centros que forman a Rede de Arquivos de Galicia.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da historia do Traballo e dos movementos obreiros galegos. Ao mesmo tempo desenrola actividades de completa actualidade para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Orde do 27 de marzo de 1991 pola que se declara cultural privada a fundación denominada Luis Tilve. Orde do 1 de abril de 1991 pola que se declara de interese galego a fundación denominada Luis Tilve. Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    -
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Toda doazón ou cesión de material documental será rexistrada e subscrita mediante documento. Ditos documentos levarán expostos no seu respectivo expediente o nome do doante, quen terá dereito ao seu acceso sempre que o solicite.
  • 3.6. Edificio
    O arquivo conta con estantería metálica compactada.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    1. UXT-Galicia 2. Unións Comarcais 3. Federación Agroalimentaria (FTA) 4. Federación de Comercio, Histelería, Tyrismo e Xogo (CHTX-UGT) 5. Federación de Industrias Afíns (FIA-UGT) 6. Federación de Servizos (FES-UGT) 7. Federación de Servizos Público
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    -
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9:30 a 14:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Os usuarios poderán ter acceso a documentación sempre que sexa por razóns xustificadas, como a investigación, de acordo coa Lei de Patrimonio Español. Está restrinxido para a documentación actual, aínda en vigor, e por tanto de carácter privado e persoal.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    Información. Biblioteca auxiliar. Formación e asistencia técnica. Difusión cultural e educativa. Programa de xestión documental en rede Albalá
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Sala de investigadores. Biblioteca especializada.
  • 6.1. Identificador de descrición
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.2. Identificador de institución
    -
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador.
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial.
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-10-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-27 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -