3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Mediante a Lei 27/92 de Portos do Estado e da Mariña Mercante créanse as Autoridades Portuarias que sustitúen ás anteriores Xuntas do Porto. Existen 28 Autoridades Portuarias que xestionan os 46 portos comerciais españois máis importantes, agrupadas no organismo público Portos do Estado, adscrito ao Ministerio de Fomento. Na actualidade están definidas no Real Decreto 2/2011 de Texto refundido da Lei de Portos do Estado e da Mariña Mercante.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Situado no noroeste da Península Ibérica, é un excelente porto natural con 14.000 hectáreas de augas protexidas dos temporais polas Illas Cíes e a Península do Morrazo, polo que o porto de Vigo está resgardado dos temporais permitindo o seu funcionamento tódolos días do ano.
A zona de servizo ten unha superficie de 2.572.577 m2 en cinco municipios. A maioría das infraestructuras e das instalacións portuarias atópanse no municipio de Vigo. Nos concellos de Redondela, Vilaboa, Moaña e Cangas ubícanse unha serie de concesións frigoríficas vinculadas á pesca, así como instalacións de construción e reparación naval.
3.3. Atribucións/fontes legais
-Real Decreto Lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Portos do Estado e da Mariña Mercante.
-Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
-Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
-
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
O ingreso de documentos prodúcese por transferencias regulares ou por doazón, compra ou cesión de documentos. As transferencias formalizaranse segundo o calendario que se estableza entre as unidades productoras e o Xestor do Arquivo.
3.6. Edificio
Superficie total: 392 m2 Depósito: 290 m2 ; 2000 metros lineais de documentación. Sala de consulta: 2 postos.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo Porto de Vigo: integrado pola documentación xerada polas distintas institucións administradoras do Porto de Vigo. Escuela Taller e Casa de Oficios
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
https://www.apvigo.es/gl/paginas/archivo_del_puerto