Arquivo Central Parroquial Diocesano de Lugo

1. Identificación

  • 1.1. Código identificador
    ES GA 27028 APDL
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo Central Parroquial Diocesano de Lugo
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Central Parroquial Diocesano de Lugo
  • 1.4. Outras formas do nome
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Privada. Categoría: Arquivos relixiosos

2. Área de Contacto

  • 2.1. Localización
    ARQUIVO CENTRAL PARROQUIAL DIOCESANO DE LUGO
  • 2.2. Enderezo
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 982 231 143
    Fax:
    Email:
    archivo@diocesisdelugo.org
    Web:
    http://www.diocesisdelugo.org/pages/arquivo/paroquial.htm
  • 2.4. Persoas de contacto
    Óscar González Murado, Director.

3. Área de Descrición

  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    Os arquivos centrais parroquiais diocesanos naceron coas Asembleas Plenarias do Episcopado Español, celebradas do 2 ao 7 de xuño de 1973 e do 24 ao 29 de novembro de 1980, nas que se acordou que as dioceses debían recoller os fondos das súas respectivas parroquias e concentralos nos arquivos históricos diocesanos. Xa antes, no Regulamento da Asociación Española de Arquiveiros Eclesiásticos, aprobado polo mesmo organismo, prescribíase que os arquivos parroquiais debían concentrase no arquivo histórico diocesano respectivo. Se ben é certo que estas disposicións non teñen valor xurídico porque cada parroquia é propietaria do seu arquivo, diversas circunstancias motivaron que moitas delas non fosen capaces de custodiar de xeito adecuado os seus fondos. O Arquivo Central Parroquial Diocesano de Lugo é un dos sete que existen en toda España destas características (xunto cos Históricos Diocesanos de Albacete, Oviedo, San Sebastián, Santander e Vitoria e o Histórico Eclesiástico de Biscaia), máis é o único en estar verdadeiramente separado do diocesano, feito que se reflicte na súa denominación. As dependencias nas que se localiza, nos baixos do Pazo Episcopal, comezaron a acondicionarse en 1970 e non se abriron ao público até 1978. Un ano despois comezou a surtirse da documentación das distintas parroquias da diocese e, a comezos da década dos 2000, xa tiña a de 525.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    A Diocese de Lugo é a de maior número de parroquias de España, 1139, repartidas en 14 arciprestados que se estenden principalmente polo centro e sur da provincia de Lugo e polas comarcas limítrofes da Coruña e Pontevedra.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Regulamento dos Arquivos Eclesiásticos Españois, aprobado pola Conferencia Episcopal Española, na sesión plenaria do 5 de xullo de 1976. Estatutos da Asociación de arquiveiros da Igrexa en España, aprobados pola XLVIII asamblea da Conferencia Episcopal, o 22 de abril de 1988. Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Dirección dependente do Obispado de Lugo.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    A maioría de parroquias da diocese de Lugo envían regularmente ao arquivo a súa documentación de máis de cen anos. As parroquias son as propietarias dos fondos que o ACPDL custodia en depósito.
  • 3.6. Edificio
    O local deste arquivo atópase nos baixos do Pazo Episcopal, un edificio barroco de pedra e planta cadrada, construído en 1743 sobre a antiga torre dos Condes de Lemos (S.XV).
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    1. Bautismos, años 1532-1920 (2.196 volúmenes). 2. Matrimonios, años 1532-1920 (1.647 volúmenes). 3. Defunciones, años 1532-1920 (1.828 volúmenes) 4. Confirmados, años 1532-1920 (426 volúmenes). 5. Fábrica, años 1700-1960 (1.721 volúmenes).
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións

4. Área de Acceso

  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 10:00 a 13:30 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Aplícase o regulamento da Asociación Española de Arquiveiros Eclesiástico.
  • 4.3. Accesibilidade
    Non.

5. Área de Servizos

  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do arquivo. Biblioteca especializada.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.

6. Área de Control

  • 6.1. Identificador de descrición
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.2. Identificador de institución
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador.
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial.
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08-22 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-28 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do censo guía de arquivos da igrexa, do Portal de Arquivos de Galicia, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento