3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O Museo do Pobo Galego foi creado en 1976, cos obxectivos de investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega en todos os seus ámbitos; e concretamente crear e desenvolver un museo ao servizo destes obxectivos. As primeiras salas inauguráronse en 1977, no antigo convento de San Domingos de Bonaval, cedido polo Concello de Santiago de Compostela.
A Xunta de Galicia, entendendo que o Museo do Pobo Galego pode ser considerado como cabeceira espiritual e simbólica da rede de museos antropolóxicos de Galicia, recoñeceulle polo Decreto 111/1993 de 22 de maio a competencia para actuar como centro sintetizador de todos os museos e coleccións públicos e privados integrados no sistema galego de museos dedicados ao estudo, promoción e difusión do patrimonio histórico-antropolóxico de Galicia.
O sostemento do Museo está garantido polas achegas económicas e materiais (doazóns e depósitos) dos seus patróns e socios, e polo patrocinio de diversas institucións públicas e privadas.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Estudio e salvagarda das tradicións e costumes que a menudo resutaron olvidadas ou relegadas da historia oficial, pero que representan a esencia da identidade do pobo galego.
3.3. Atribucións/fontes legais
Decreto 111/93 pola que se recoñece ao museo como centro sintetizador dos museos e coleccións antropolóxicas de Galicia. Estatutos do Padroado do Museo (29 de marzo 2003). O Arquivo réxese pola lexislación de patrimonio histórico.
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Padroado. Xunta rectora. Dirección. Biblioteca e arquivo
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Na súa meirande parte os fondos proceden de doazóns.
3.6. Edificio
A fundación do antigo convento de Bonaval atribúese a San Domingos de Guzmán, que segundo a tradición no ano 1219 peregrinou a Santiago. Está encravado fóra de muros, na aba do monte da Almáciga e preto da Porta do Camiño, pola que entran cara á basílica do Apóstolo os peregrinos que veñen polo Camiño francés.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Arquivos persoais e familiares: •Beiras García, M.(documentos privados e de función) •Blanco-Cicerón, Ricardo (documentos privados e de función) •Fraguas Fraguas, A.(documentos privados e de función) •García-Orellán, R. (documentos de investigación,
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
-