• 1.1. Código identificador
    ES GA 36057 AFP
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo da Fundación Penzol
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo de la Fundación Penzol
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Privada. Categoría: arquivos de institucións científicas, culturais e de investigación
  • 2.1. Localización
    FUNDACION PENZOL
  • 2.2. Enderezo
    -
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 986 22 64 59
    Fax:
    +34 986 22 64 59
    Email:
    direccion.penzol@vigo.org
  • 2.4. Persoas de contacto
    Benito Ramírez Aba, Arquiveiro.
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    Cando contra a finais da década dos corenta os galeguistas do interior consideran que teñen que ampliar o seu campo de actuación, e apostan pola estratexia do activismo cultural coa creación da Editorial Galaxia, como unha das poucas canles posibles para comezar a rexurdir e visibilizarse publicamente, Penzol será compañeiro tamén neste novo emprendemento, formando parte da nómina de accionistas da editora. Pero aínda irá máis alá, entre as sete misións ou obxectivos asignados no informe á editora o que figuraba en quinto lugar era dotar a Galicia do máximo de autonomía cultural, creando centros de estudo e investigación nos que os investigadores atopen os medios bibliográficos para levar a cabo o seu traballo.Un gran centro onde se reúna toda a bibliografía científica xeneral sobre o principais problemas da nosa investigación cultural, a disposición dos investigadores galegos. Penzol vai a contribuir, pois, ao proxecto colectivo cedendo a súa importante biblioteca e arquivo persoal. Óptase por situala en Vigo, onde tiña o domicilio a editorial Galxia, e onde ademais non existía ningún centro cultural galeguista destas características. Diante desta carencia da cidade olívica no devandito acto de finais de setembro de 1956, Penzol fai entrega simbólica dos seus fondos a Galaxia, á cal confía o seu depósito, custodia e administración. Despois, no tempo que demora entre esta data e a apertura para uso público, transcorren varios anos nos que se levan a cabo as múltiples e variadas xestións necesarias para a súa posta en funcionamento (pescuda dun local, acondicionamento axeitado do mesmo, embalaxe e transporte dos fondos, recepción e preparación destes, etc.). A resolución desta última cuestión das instalacións de primordial importancia, fica plasmada no contrato de arrendamento que con data de 23 de setembro de 1961 a (daquela) Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo asina coa Editorial Galaxia S.A., representada por Fernández del Riego como director-xerente desta, e no que se acorda o alugamento de varios “departamentos” situados na rúa de Policarpo Sanz, 24. Por fin, o 7 de abril de 1963 formalízase a entrega dos fondos mediante escritura notarial bilingüe, e constitúese unha fundación, institución xurídica que será a responsable de velar polo goberno e custodia do valioso acerbo patrimonial. Case un mes despois, o 5 de maio de 1963 celébrase o acto de inauguración.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    A Fundación establécese en Vigo, inicialmente no nº 24 da rúa Policarpo Sanz e no 1985 os fondos trasladánse á Casa Galega da Cultura nº 2 da Praza da Princesa, a súa sede actual.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Formado por un patronatao formado por presidente, vicepresidente, vicepresidente, secretaria, director da Fundación e 17 vogais.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    O núcleo básico dos fondos constitúeo a donación de Fermín Penzol. Aportacións posteriores foron e son as constantes que fai o propio Penzol e os membros do Patronato da Fundación, así como numerosos particulares e institucións simpatizantes.
  • 3.6. Edificio
    A Fundación Penzol atópase no edificio da Casa Galega da Cultura de Vigo, grazas a un convenio firmado no 1985 co Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    1.fondos de orixe pública 2.fondos de orixe privada 3.fondos especiais 4.Fondo Ramón Otero Pedrayo fondos de orixe pública 2.fondos de orixe privada 3.fondos especiais 4.Fondo Ramón Otero Pedrayo
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    -
  • 4.1. Horario
    Luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentos de libro acceso, de acordo co art.57 e 62 da Lei 16/1985, de 25 de xuño de patrimonio histórico español, e o artigo 82 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, así como das disposicións relativas a protección.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    -Biblioteca especializada -Hemeroteca -Sala de consulta
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    -Sala de exposicións temporais -Salón de actos.
  • 6.1. Identificador de descrición
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.2. Identificador de institución
    -
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador.
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial.
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-10 [ISO 8601]. Revisión: 2020-27-10 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -