3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O arquivo custodia doce incunables e varios manuscritos de gran importancia para o monasterio. Podemos citar, a modo de exemplo, un pergamino do rey Fernando III, o Santo, do siglo XIII, e un privilexio rodado de Fernando IV o Emplazado, datado en Cuellar no ano 1303.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
A mediados do século XVIII, os dominios do Mosteiro de Samos estendíanse polas dioceses de Lugo e Ourense, as Rías Baixas e O Bierzo. Para administralos e xestionalos, 636 lugares destas zonas foron divididos en 20 partidos, aos que se sumarían 28 coutos.
A súa fundación atribúese a San Martín Dumiense no século VI. Abandoado ante a invasión musulmana, a restauración iníciase coa reconquista do rei Fruela I de Asturias. Asesinado este, súa viuva e fillo, o futuro Alfonso II, atoparon nel refuxio. Con isto gañou a protección real, comezando polas propiedades en media milla á redonda, que propiciaría o seu crecemento.
A principios do século X, o bispo de Lugo intentou facerse co control e expulsou aos monxes. No mesmo século foi reocupado a instancias do rei Ordoño II de León e, desde 960, a comunidade viviu baixo a regla de San Bieito, e no século XII sumouse á reforma cluniacense.
O mosteiro disfrutou de gran importancia durante a Idade Media o que se reflicte en que poseía duascentas vilas e quinientos lugares. En 1558 incorporado xa a San Bieito o Real de Valladolid sufriu un incendio que obrigou a súa total reedificación. A comunidade foi exclaustrada en 1836 coa desamortización de Mendizábal pero os monxes benedictinos regresaron en 1880.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Dictada polo monasterio.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
O modo habitual de chegada de fondos é a adquisición de copias de documentación relacionada co mosteiro custodiada en distintos arquivos. Tamén acepta doazóns, depósitos e compras.
3.6. Edificio
O actual arquivo habilitouse entre 1978-1979 na parte alta do paso á horta do mosteiro desde o claustro gótico. A entrada do mesmo atópase ao fondo da biblioteca cunha porta de metal. As estanterías tamén son metálicas. Ten unhas dimensión de 17.70 m2.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1. Mosteiro de Samos 2. Casa Grande de Lusío 3. Fondos de Santa María de San Clodio, do Ribeiro 4. Varios Mosteiro de Samos
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
-