3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Desde tempo remotos Ourense é capital da súa diócese e, xa a partir do século VI coñécese o nome de algúns dos seus bispos. Durante o reino suevo tivo un especial protagonismo e construiuse una primeira catedral que estivo edificada no mesmo lugar da actual.
A invasión musulmana supuso para Ourense un grave episodio que non se superou ata a repoboación efectuada por Alfonso II ao redor do ano 900. No último cuarto do século XI o bispo Eredonio construiu e adicou un templo a Santa María Nai que debeu facer oficio de catedral ata a consagración da actual, xa que as súas reducidas dimensións lle impedían satisfacer as necesidades do culto impostas pola prosperidade da sé auriense no século XII.
Ten pranta de cruz latina e tres naves separadas por piares cruciformes. Foi declarada monumento nacional en 1931 e ten honores de basílica desde 1887.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
A catedral de Ourense é a sede episcopal da diócese de Ourense, sita no surleste da actual comunidade autónoma de Galicia.
3.3. Atribucións/fontes legais
Regulamento dos Arquivos Eclesiásticos Españois, aprobado pola Conferencia Episcopal Española, na sesión plenaria do 5 de xullo de 1976.
Estatutos da Asociación de arquiveiros da Igrexa en España, aprobados pola XLVIII asamblea da Conferencia Episcopal, o 22 de abril de 1988.
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Establecida pola catedral.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Periodicamente recibe transferencias dende as dependencias administrativas catedralicias.
3.6. Edificio
O arquivo catedralicio sitúase sobre o claustro oxival da catedral. Consta de dúas salas; a primeira destaca pola súa boa orientación, o que permite a entrada de luz natural a través dunha gran ventá que da a un ancho balcón que permite a ventilación.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Os fondos do arquivo da catedral divídense en diferentes seccións: Sección A: (Privilexios; Caderno de Unións; Atados de Escrituras, ss. XIII-XV). Sección B: (uns douscentos atados de Tenencias, posesións e Dereitos do Cabido ss. XV-XIX) Sección C: (at
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
-