3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Créase a partir da Orde de 4 de setembro de 2012, pola que se aproban as normas e os modelos de transferencia de documentación xudicial e se determina o inicio das actividades dos arquivos xudiciais territoriais e da Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia, en cumprimento do establecido no decreto 46/2009, do 26 de febreiro, sobre os arquivos xudiciais territoriais e a Xunta de Expurgación da documentación xudicial de Galicia.
Esta orde foi modificada pola orde de 29 de xullo de 2014
Entre súas funcións está ordenar, conserva e custodiar a documentación que lles remitan os arquivos xudiciais de xestión así como elevar a Xunta de Expurgación da documentación xudicial, polo menos unha vez ao ano, as relacións de expedientes xudiciais prescritos ou caducados, para que se decida sobre o seu destino
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O seu ámbito xeográfico é a provincia de A Coruña.
3.3. Atribucións/fontes legais
-Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder xudicial.
-Lei Orgánica 7/2015, de 21 de xullo, modifica a lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder Xudicial
-Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
-Real decreto 937/2003, de 18 de xullo, modernización dos arquivos xudiciais
-Acordo do 15 de setembro de 2005, do Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, polo que se aproba o Regulamento 1/2005, dos aspectos accesorios das actuacións xudiciais.
-Real Decreto 1608/2005, do 30 de decembro, polo que se aproba o Regulamento Orgánico do Corpo de Secretarios Xudiciais.
-Decreto 46/2009, do 26 de febreiro, sobre os arquivos xudiciais territoriais e a Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia.
-Orde do 4 de setembro de 2012 pola que se aproban as normas e os modelos de transferencia de documentación xudicial e se determina o inicio das actividades dos arquivos xudiciais territoriais e da Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia.
-Orde do 29 de xullo de 2014 pola que se modifica a Orde do 4 de setembro de 2012 pola que se aproban as normas e os modelos de transferencia de documentación xudicial e se determina o inicio das actividades dos arquivos territoriais e da Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia.
-Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
-
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Recibe transferencias documentais dos diferentes órganos xudicicais e transfire documentación aos arquivos históricos (Arquivo do Reino de Galicia).
3.6. Edificio
O Arquivo Xudicial Territorial da Coruña terá a súa sede no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Poderá ter depósitos de fondos nas cidades da Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1. Audiencia territorial da Coruña
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetailSession.htm?id=77878