3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O arquivo municipal formouse nun proceso natural de funcionamento do propio concello vencellado á súa historia e ubicación física.Nas décadas de 1830 e 1840 lévanse a cabo varias reformas institucionais e administrativas que afectan o municipio de Láncara dividindose en dous : Láncara e A Póboa de San Xiao. O actual municipo de Láncara surxe no 1889. A capitalidade do concello estaba emprazada en Carracedo, onde se construiu un novo edificio no ano 1910 para alberga-la Casa Consistorial.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Está na comarca de Sarria e ten unha poboación de 2.839 habitantes en 26 parroquias. Estivo historicamente baixo os dominios do Mosteiro de Samos e de diferentes señores, e no seu patrimonio destaca a ponte de Carracedo (s. XVI). Nas décadas de 1830 e 1840 lévanse a cabo varias reformas institucionais e administrativas, divididónse o municipio de Láncara e dous: Láncara e A Póboa de San Xiao. O actual municipo de Láncara xurde no 1889. A capitalidade do concello estaba emprazada en Carracedo, onde se construiu un novo edificio no ano 1910 para albergar a Casa Consistorial.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Láncara. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo dividido entre o edificio do Concello e un edificio anexo.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións