3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O arquivo municipal formouse nun proceso natural de funcionamento do propio concello vencellado á súa historia e ubicación física.En 1840 creouse o concello de Lourenzá, e malia que en 1844 as parroquias do Val reclamaron a segregación, a Deputación de Lugo non aceptou.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello de Lourenzá, situado na comarca da Mariña Central, conta con 2.348 habitantes repartidos en 4 parroquias. No seu patrimonio destaca o mosteiro de San Salvador, o castelo de Tovar e o Camiño do Norte que o atravesa. No Antigo Réxime o espazo territorial de Lourenzá estaba formado por dúas xurisdicións: O Val de Lourenzá e Vilanova de Lourenzá, as dúas pertencentes á provincia de Mondoñedo. Nas reformas de 1835 figuran as dúas como concellos: O Val coas parroquias de San Xurxo, San Tomé e Santo Adrao; e o de Vilanova coas de Santa María, Masma, Oirán e Couboeira. No ano 1840 suprímese o concello de O Val, e o novo concello de Lourenzá absorve aquel, quedando dentro do partido xudicial de Mondoñedo coas parroquias de Santa María de Valdeflores, San Xurxo, San Tomé e Santo Adrao.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Lourenzá. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Non.