3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O arquivo municipal formouse nun proceso natural de funcionamento do propio concello vencellado á súa historia e ubicación física. O documento máis antigo que se conserva referido a este concello é de 1222, o testamento dun soldado chamado Froila García, que deixa as súas terras de Pol ao bispado de Lugo.Coa creación dos primeiros concellos créanse dous, Luaces e Lea, pero en 1835 créase o actual de Pol, co mesmo territorio a excepción de Lúa.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Concello situado na comarca de Meira, con 1.757 habitantes e 19 parroquias. Case todo o municipio se atopa dentro da Reserva da Biosfera "Terras do Miño", con importantes humidais e hábitats prioritarios de especial protección. No ano 1840, coa reorganización xudicial e provincial nace o actual concello de Pol, tomando o nome da parroquia na que se establece a casa consistorial e quedando o concello tal como é hoxe en día, coa salvedade de que a parroquia de Lúa non aparece como tal ata finais do seculo XIX, xa que era considerada como una vigairía pertencente á parroquia de Valonga.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Pol. Secretaría Arquivo Municipal
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/clasificacionJerarquica/clasificacion.do?idArchivo=113
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetailSession.htm?id=84183