3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O Arquivo Municipal de Betanzos é actualmente unha das entidades fundamentais da infraestructura cultural de Betanzos e mesmo da súa antiga provincia. No ano 1981 comezouse a traballar na organización do fondo documental, salvando a maior parte dos documentos e iniciando a elaboración do inventario. Os investigadores tiveron acceso rápido a todo o que se foi organizando, facilitándoselles ademais a publicación dos seus traballos a través do Anuario Brigantino, revista de investigación que se elabora no arquivo, biblioteca e museo. Foron numerosos os traballos publicados até o momento. No Programa de Festas Patronais de 1984 xa se dan os anos nos que había actas capitulares (dende 1549). No Anuario Brigantino de 1986 publicouse O Arquivo Municipal de Betanzos e outros máis da cidade: estado da súa organización. A Partir de aquí e, mentres a institución renacía, tamén se traballou na teoría organizativa, en diálogo con outros arquiveiros municipais do estado e mesmo se coordinou dende Betanzos para a Xunta de Galicia a realización de 52 inventarios de arquivos municipais nas provincias de A Coruña, Lugo e Ourense. 8.982 unidades de instalación 754 metros de andéis.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Capital da comarca coruñesa homónima. Dispón dunha superficie de 24,19 km2, sendo un dos municipios maís pequenos da provincia, e conta con 13.352 habitantes repartidos en 7 parroquias. Ubicada sobre o castro de Untia, o rey Alfonso VIII concedeulle en 1212 o título de vila. No século XIV Enrique IV concedeulle o título de cidade e permitiulle a celebración dunha fiera franca anual. Anos maís tarde os Reis Católicos designan a Betanzos capital de provincia dunha das sete que formaban o reino de Galicia. Tras séculos de decadencia, a nova reforma administrativa de Javier de Burgos integra en 1834 a provincia de Betanzos na da Coruña.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Betanzos. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo situado nun edificio próximo ao Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/clasificacionJerarquica/clasificacion.do?idArchivo=109
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetailSession.htm?id=78369