3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no decreto do luns 26 de decembro de 1836. A partir deste momento e nun proceso natural de funcionamento xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto dos sucesivos tratamentos por parte de persoal do propio concello ata a actual situación.
O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto nas “Primeiras Jornadas de Archivos Municipales” celebradas en Madrid o 15 e 16 de outubro do 1982 que sentaron as bases da organización dos arquivos municipais. A importancia do bo funcionamento dos arquivos para a boa xestión das entes locais como para a recuperación da historia local así como o carácter público dos documentos, foron temas principais das xornadas. Posteriormente levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, sucedéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición.
Os arquivos municipais teñen que velar para conservar o patrimonio documental dos seus respectivos ámbitos territoriais, así como colaborar co arquivo comarcal na elaboración do Inventario do patrimonio documental.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Concello pertencente á coruñesa comarca de Sar, atópase situado na zona sudoccidental da provincia, sendo fronteiriza coa de Pontevedra. Dispón dunha superficie de 36,12 km2 e conta cunha poboación de 2.913 habitantes repartidos en 3 parroquias. Aínda que a sede do concello se atopa no lugar de Tallós, é Lestrove o núcleo máis poboado pola súa cercanía a Padrón. Durante o Antigo Réxime as parroquias que integran o actual concello estaban divididas en dúas xurisdiccións: a de Lestrobe e Dodro e a de Rianxo, todas pertencentes á provincia de Santiago. Cando se instauran os novos concellos constitucionais, crearonse os concellos de Lestrobe e Laiño no partido xudicial de Padrón y en 1823 foron disoltos. O 7 de xuño de 1836, o concello de Padrón divídese en dous, formando unha nova administración local chamada Dodro que integra as parroquias de Santa María de Dodro, San Xián de Laíño e San Xoán de Laíño, dende aquela data o concello mantivo a mesma delimitación e configuración actual, e malia que sufríu varios intentos de supresión e incorporación ó de Padrón, nunca chegaron a producirse.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Dodro. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo dividido entre o edificio do Concello e un edificio anexo.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/inventariodinamico.htm?archivoId=29544&estado=&esaltarepo=&esmodirepo=&idArchivoPadre=