• 1.1. Código identificador
    ES GA 15038 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Frades
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Frades
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 2.1. Localización
    Cimadevila s/n, 15686 Frades (A Coruña)
  • 2.2. Enderezo
    FRADES
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 981 695 567
    Fax:
    +34 981 695 579
    Email:
    correo@frades.gal
  • 2.4. Persoas de contacto
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no decreto do luns 26 de decembro de 1836. A partir deste momento e nun proceso natural de funcionamento xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto dos sucesivos tratamentos por parte de persoal do propio concello ata a actual situación. O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto nas “Primeiras Jornadas de Archivos Municipales” celebradas en Madrid o 15 e 16 de outubro do 1982 que sentaron as bases da organización dos arquivos municipais. A importancia do bo funcionamento dos arquivos para a boa xestión das entes locais como para a recuperación da historia local así como o carácter público dos documentos, foron temas principais das xornadas. Posteriormente levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, sucedéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición. Os arquivos municipais teñen que velar para conservar o patrimonio documental dos seus respectivos ámbitos territoriais, así como colaborar co arquivo comarcal na elaboración do Inventario do patrimonio documental.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Municipio pertencente á comarca de Ordes, está situado na zona central da provincia de A Coruña, e conta con 12 parroquias y 138 entidades de poboación. A súa capital é San Mauro ainda que o seu maior núcleo de poboación é Ponte Carreira, formado en realidade polos extremos de duas parroquias da zona, Gafoi e Ledoira. Antigamente esta localidade celebraba un gran mercado de ganado, que coa execución da nova estrada e a falta de acción local, rematou por desaparecer. No antigo réxime pertencía á provincia de Santiago de Compostela, estando o territorio dividido nas xurisdicións de Mesía e Folgoso, esta última baixo tutela do condado de Altamira. O actual concello foi constituído en virtude do Decreto do luns 26 de decembro de 1836 (B.O. núm. 221 da provincia da Coruña). Na sesión plenaria do 24 de xullo de 1991 a Corporación aprobou o escudo municipal.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Frades. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    1 CONCELLO 2 XULGADO 3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS 4 ARQUIVOS NOTARIAIS 5 CÁMARAS AGRARIAS 6 OUTROS FONDOS 7 CONCELLO DE
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetailSession.htm?id=77733
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9.00 a 15:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de carácter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    O Arquivo ofrece aos investigadores, ciudadáns e institucions públicas orientación e búsqueda de información sobre os fondos que custodia. Poden poñerse en contacto por correo ordinario, correo electrónico ou fax.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador.
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial.
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-11-14 [ISO 8601]. Revisión: 2020-09-29 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -