3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O edificio consistorial que alberga o arquivo, foi inaugurado no ano 1955 no lugar de Campo das Mentiras, en Xanceda. No ano 1857 constitúese un selo para uso da Alcaldía e no 1865 constrúese outro para uso da Xunta Local de 1ª ensinanza de Mesía. Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no decreto do luns 26 de decembro de 1836. A partir deste momento e nun proceso natural de funcionamento xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto dos sucesivos tratamentos por parte de persoal do propio concello ata a actual situación.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Concello pertencente á comarca coruñesa de Ordes, atópase situado no centro da provincia, distando 42 km de Santiago e 46 da Coruña. Dispón dunha superficie de 106,8 km2 e conta cunha poboación de 2.879 habitantes repartidos en 12 parroquias. Remontándonos ao Antigo Réxime, neste tempo as parroquias do concello dependían case todas da xurisdicción de Mesía, provincia de Santiago e ao Señorío de Ab. E X.O. polo Rvdo. Arcebispo de Santiago, agás Xanceda que no Señorío figuraba tamén D. Juan Pimentel e a parroquia de Cabrui pertencía á xurisdicción de Sobrado e ao Señorío S.E. e X.O. polo Mosteiro de Sobrado orde de San Bernardo, provincia de Betanzos. Cando se establecen os primeiros concellos constitucionais, na repartición que fai a Deputación de Galicia, daquela única, o concello de Mesía ten once parroquias adscritas pertencentes ao partido xudicial de Poulo. No 1822, unha vez feita a división de Galicia en catro provincias, Mesía segue formando parte do partido xudicial de Poulo pero xa pertence á provincia da Coruña. Na división municipal do 23 de xullo de 1835 pasa a formar parte do partido xudicial de Ordes e nun documento publicado no BOPCO con data do 27 de abril do 1836 figura o concello cunha parroquia máis, a de San Pedro de Ardemil, segregándolla o 6 de xuño do mesmo ano, quedando o concello coas doce parroquias que ten na actualidade. En 1842 houbo unha proposta de redución de municipios onde o de Mesía, Frades e parte do de Oroso pasarían a formar parte do novo concello de Vitre e Bruma; pertencería a Ordes pero iso quedouse en proposta xa que nunca se levou a cabo.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Mesía. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/inventariodinamico.htm?archivoId=30101&estado=&esaltarepo=&esmodirepo=&idArchivoPadre=&id=