3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no decreto do luns 26 de decembro de 1836. A partir deste momento e nun proceso natural de funcionamento xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto dos sucesivos tratamentos por parte de persoal do propio concello ata a actual situación.
O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto nas “Primeiras Jornadas de Archivos Municipales” celebradas en Madrid o 15 e 16 de outubro do 1982 que sentaron as bases da organización dos arquivos municipais. A importancia do bo funcionamento dos arquivos para a boa xestión das entes locais como para a recuperación da historia local así como o carácter público dos documentos, foron temas principais das xornadas. Posteriormente levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, sucedéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición.
Os arquivos municipais teñen que velar para conservar o patrimonio documental dos seus respectivos ámbitos territoriais, así como colaborar co arquivo comarcal na elaboración do Inventario do patrimonio documental.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Concello pertencente á comarca corulesa de Ortegal, atópase no extremo noroccidental da provincia, preto da de Lugo, entre a serra da capelada e a da Faladoira. Dispón dunha superficie de 210 km2, unha das maís grandes da provincia, e conta cunha poboación de 6.550 habitantes repartidos en 22 parroquias. Desde o ano 1480 seguindo a división territorial establecido polos Reis Católicos, Ortigueira queda integrada como comarca da nova provincia de Betanzos, unha das siete que conformaban o Reino de Galicia no Antigo Réxime. O Real decreto do 12 de marzo de 1822 sancionoua creación das catro provincias galegas actuais, integrándose Ortigueira dentro da de A Coruña. A nova división provincial, sancionada en 1833 por Javier de Burgos, consolida as nacentes entidas municipais, producindo unha serie de transformacións en toda a comarca de Ortegal co xurdimento dos concellos de Couzadoiro, Freires e Veiga desmenbrados de Ortigueira. No ano 1850 estes novos concellos reintégranse de novo no de Ortigueira hasta que en 1986 se forma o concello de Cariño coa secesión de cinco das súas parroquias.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Ortigueira. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/clasificacionJerarquica/clasificacion.do?idArchivo=48
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetailSession.htm?id=78393