• 1.1. Código identificador
    ES GA 15081 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal das Somozas
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de As Somozas
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 2.1. Localización
    Lugar A Igrexa, 1, 15565 As Somozas (A Coruña)
  • 2.2. Enderezo
    AS SOMOZAS
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 981 404 101
    Fax:
    +34 981 404 205
    Email:
    arquivo@assomozas.es
  • 2.4. Persoas de contacto
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no decreto do luns 26 de decembro de 1836. A partir deste momento e nun proceso natural de funcionamento xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto dos sucesivos tratamentos por parte de persoal do propio concello ata a actual situación. O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto nas “Primeiras Jornadas de Archivos Municipales” celebradas en Madrid o 15 e 16 de outubro do 1982 que sentaron as bases da organización dos arquivos municipais. A importancia do bo funcionamento dos arquivos para a boa xestión das entes locais como para a recuperación da historia local así como o carácter público dos documentos, foron temas principais das xornadas. Posteriormente levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, sucedéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición. Os arquivos municipais teñen que velar para conservar o patrimonio documental dos seus respectivos ámbitos territoriais, así como colaborar co arquivo comarcal na elaboración do Inventario do patrimonio documental.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O concello das Somozas, pertencente á coruñesa comarca de Ferrol, atópase situado na zona nororiental da provincia. Dispón dunha superficie de 70,91 km2 e conta cunha poboación de 1.211 habitantes, unha das maís baixas da provincia, repartidos en catro parroquias. Aínda que tradicionalmente estaba vencellado ao sector agrícola, nos últimos anos ubicáronse industrias adicadas ás novas tecnoloxías no polígono industrial das Somozas. O Concello naceu como tal en 1836 cos primeiros concellos constitucionais e chamouse en principio Santiago Seré de As Somozas, coincidindo co nome da súa parroquia máis grande. O territorio non sufriu apenas alteracións salvo pola incorporación da parroquia de Recemel, que estaba no concello de Moeche.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello das Somozas. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    1 CONCELLO 2 XULGADO 3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS 4 ARQUIVOS NOTARIAIS 5 CÁMARAS AGRARIAS 6 OUTROS FONDOS 7 CONCELLO DE
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetailSession.htm?id=77800
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9.00 a 14:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de carácter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Non.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    O Arquivo ofrece aos investigadores, ciudadáns e institucions públicas orientación e búsqueda de información sobre os fondos que custodia. Poden poñerse en contacto por correo ordinario, correo electrónico ou fax.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Non.
  • 5.3. Espazos públicos
    Non.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador.
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial.
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-12-19 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-01 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -