• 1.1. Código identificador
    ES GA 15082 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Teo
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Teo
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 2.1. Localización
    Auditorio Constante Liste, Rúa da Lagoa 2, baixo, A Ramallosa, Lucí, 15583 Teo (A Coruña)
  • 2.2. Enderezo
    CONCELLO DE TEO
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 981 815 700
    Fax:
    +34 881 957 995
    Email:
    arquivomunicipal@teo.gal
  • 2.4. Persoas de contacto
    Pablo Nicolás Sanmartín López, responsable do Arquivo
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no decreto do luns 26 de decembro de 1836. A partir deste momento e nun proceso natural de funcionamento xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto dos sucesivos tratamentos por parte de persoal do propio concello ata a actual situación. O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto nas “Primeiras Jornadas de Archivos Municipales” celebradas en Madrid o 15 e 16 de outubro do 1982 que sentaron as bases da organización dos arquivos municipais. A importancia do bo funcionamento dos arquivos para a boa xestión das entes locais como para a recuperación da historia local así como o carácter público dos documentos, foron temas principais das xornadas. Posteriormente levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, sucedéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición. Os arquivos municipais teñen que velar para conservar o patrimonio documental dos seus respectivos ámbitos territoriais, así como colaborar co arquivo comarcal na elaboración do Inventario do patrimonio documental.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O concello de teo, pertencente á coruñesa comarca de Santiago, atópase situado ao sur da provincia, limitrofe coa de Pontevedra. Dispón dunha superficie de 79,3 km2 e conta cunha poboación de 17.942 habitantes repartidos en 13 parroquias. A capital está na Ramallosa. O importante crecemento de poboación nos últimos anos está vencellado ao desenvolvemento da ciudade de Santiago da que é veciña. No Antigo Réxime as parroquias que forman o actual concello de Teo formaban parte de tres xurisdiccións: Xiro da Rocha, Vea e Quinta, que se integraban no señorío do arcebispado de Santiago. Coa constitución dos primeiros concellos no segundo período liberal (1820-1823) a maior parte do territorio hoxe ocupado por Teo coñecíase co nome de Oza, pertencente ao partido xudicial de Sar, figurando nos repartimentos da Deputación de Galicia, por entón única. Na reforma xudicial do ano 1834, e xa co nome de Concello de Teo, o municipio quedou asignado ao partido xudicial de Padrón. Cos proxectos de desenvolvemento do Real Decreto de 23 de Xullo de 1835 (Segundo a Lei de Reforma Administrativa promovida por Javier de Burgos onde se deseñan as provincias e Concellos que se manteñen na actualidade), xurdiu unha nova división municipal. O Concello de Teo e o seu termo son resultados deles figurando no Boletín Oficial da Provincia, número 116 do 25 de abril de 1836, que contiña as observacións producidas contra o mesmo. Así, neste proxecto o Concello de Teo contaba cunha parroquia máis das que logo lle serían adxudicadas no proxecto definitivo. Pasado o período de formulación de observacións, o proxecto levouse á sesión da Deputación do 7 de xuño de 1836 e aprobouse definitivamente, sendo publicada a súa Constitución o 15 de agosto.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Teo. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Recibe periodicamente transferencias remitidas dende as oficinas e dependencias do Concello.
  • 3.6. Edificio
    Arquivo situado nun edificio próximo ao Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    1 CONCELLO 2 XULGADO 3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS 4 ARQUIVOS NOTARIAIS 5 CÁMARAS AGRARIAS 6 OUTROS FONDOS 7 CONCELLO DE
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetailSession.htm?id=78555
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9.00 a 14:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de carácter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes. Deberá presentarse unha instancia no Rexistro Xeral do Concello segundo un modelo normalizado.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A consulta e información limítase pola natureza dos documentos, estado de conservación ou as impostas pola lexislación vixente. Poderán ser presenciais, por tlfno, fax, correo postal ou electrónico. A consulta dos instrumentos de descrición é libre.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta. Biblioteca auxiliar especializada.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador.
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial.
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-12-19 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-01 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -