• 1.1. Código identificador
    ES GA 15089 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Vedra
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Vedra
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 2.1. Localización
    Avenida Mestre Manuel Gómez Lorenzo, 1, 15885 Vedra (A Coruña)
  • 2.2. Enderezo
    VEDRA
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 981 814 612
    Fax:
    +34 981 503 331
    Email:
    correo@concellodevedra.gal
  • 2.4. Persoas de contacto
    José Ramón Chas Bao, responsable do Arquivo.
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no decreto do luns 26 de decembro de 1836. A partir deste momento e nun proceso natural de funcionamento xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto dos sucesivos tratamentos por parte de persoal do propio concello ata a actual situación. O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto nas “Primeiras Jornadas de Archivos Municipales” celebradas en Madrid o 15 e 16 de outubro do 1982 que sentaron as bases da organización dos arquivos municipais. A importancia do bo funcionamento dos arquivos para a boa xestión das entes locais como para a recuperación da historia local así como o carácter público dos documentos, foron temas principais das xornadas. Posteriormente levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, sucedéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición. Os arquivos municipais teñen que velar para conservar o patrimonio documental dos seus respectivos ámbitos territoriais, así como colaborar co arquivo comarcal na elaboración do Inventario do patrimonio documental.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O concello de Vedra, pertencente á comarca coruñesa de Santiago, atópase situado na zona sur da provincia, limítrofe coa de Pontevedra. Dispón dunha superficie de 52,78 km2 e conta cunha poboación de 5.073 habitantes. Non se ten constancia do arquivo como oficina municipal, a custodia da documentación estaba vinculada a figura do Secretario. En 1956 acométense obras para evitar o derrube da casa consistorial e no ano 1967 acondicionase o primeiro andar para vivenda do Secretario. A actual casa do concello construíuse en 1980 e inaugurouse en 1982. A documentación tivo que trasladarse a outra ubicación temporal mentres duraban as obras. Unha vez rematadas as obras de ampliación a documentación distribuíuse polas diferentes oficinas e a máis antiga gardouse no faiado da casa consistorial. Será en 1999 cando se acondicione un espazo para o arquivo do concello, na planta baixo cuberta da casa do concello. Ademais contan con dous depósitos máis pequenos a maiores no soto e na planta baixa.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Vedra. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    1 CONCELLO 2 XULGADO 3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS 4 ARQUIVOS NOTARIAIS 5 CÁMARAS AGRARIAS 6 OUTROS FONDOS 7 CONCELLO DE
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetailSession.htm?id=652393
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9.00 a 14:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de carácter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Non.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    O Arquivo ofrece aos investigadores, ciudadáns e institucions públicas orientación e búsqueda de información sobre os fondos que custodia. Poden poñerse en contacto por correo ordinario, correo electrónico ou fax.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador.
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial.
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-12-19 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-01 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -