3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no decreto do luns 26 de decembro de 1836. A partir deste momento e nun proceso natural de funcionamento xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto dos sucesivos tratamentos por parte de persoal do propio concello ata a actual situación.
O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto nas “Primeiras Jornadas de Archivos Municipales” celebradas en Madrid o 15 e 16 de outubro do 1982 que sentaron as bases da organización dos arquivos municipais. A importancia do bo funcionamento dos arquivos para a boa xestión das entes locais como para a recuperación da historia local así como o carácter público dos documentos, foron temas principais das xornadas. Posteriormente levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, sucedéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición.
Os arquivos municipais teñen que velar para conservar o patrimonio documental dos seus respectivos ámbitos territoriais, así como colaborar co arquivo comarcal na elaboración do Inventario do patrimonio documental.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Municipio pertencente á comarca da Terra de Celanova, dispón dunha superficie de 34,9 km2. e unha poboación de 1.350 habitantes. O territorio do actual concello veuse marcado durante o Antigo Réxime pola influencia do mosteiro de San Salvador de Celanova, pertencendo parte do territorio á súa xurisdición baixo a autoridade deste mosteiro. Outras xurisdicións foron as de Berredo, Fruíme e Vilaverde e Sorga (todas elas baixo elementos da baixa nobreza); San Munio da Veiga era responsabilidade da Encomenda de San Marcos de León (integrada na Orde de Santiago) e garantía a independencia do mosteiro de San Munio fronte ao de San Salvador de Celanova; e a de Vilariño do Campo, pertencente ao conde de Maceda. Durante a Idade Moderna no Concello edificáronse pazos como o de Berredo, Podentes e Sorga. Unha vez creados os concellos constitucionais, as xurisdicións deron paso aos municipios de Berredo e Soutomel, que en 1835 se fusionaron no da Bola.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de A Bola . Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10087