3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Constitucionalmente constitúese definitivamente o concello no decreto do luns 26 de decembro de 1836. A partir deste momento e nun proceso natural de funcionamento xorde un conxunto documental, conservado parcialmente, que foi obxecto dos sucesivos tratamentos por parte de persoal do propio concello ata a actual situación.
O primeiro proceso organizativo estable desenvolveuse co cadro de clasificación proposto nas “Primeiras Jornadas de Archivos Municipales” celebradas en Madrid o 15 e 16 de outubro do 1982 que sentaron as bases da organización dos arquivos municipais. A importancia do bo funcionamento dos arquivos para a boa xestión das entes locais como para a recuperación da historia local así como o carácter público dos documentos, foron temas principais das xornadas. Posteriormente levouse a cabo o proceso de adaptación á nova proposta elaborada a nivel nacional para os arquivos municipais, sucedéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación e a pertinente informatización dos instrumentos de descrición.
Os arquivos municipais teñen que velar para conservar o patrimonio documental dos seus respectivos ámbitos territoriais, así como colaborar co arquivo comarcal na elaboración do Inventario do patrimonio documental.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Concello pertencente á comarca ourensá da Limia no sector central da provincia, dispón dunha superficie de 20,7 km2. e conta cunha poboación de 923 habitantes repartidos en dúas parroquias. No Antigo Réxime o territorio de Vilar de Santos, dependente da xurisdicción de Sandiás, estaba dividido en tres partes: unha comprendía Vilar de Santos, Saá e As Casas da Veiga, pertencentes á Encomenda da Orde de Santiago, unha das ordes militares máis importantes de España; ligado á Orde, parece que existíu en Vilar de Santos un Hospital de Peregrinos. Doutra banda, Parada pertence ao señorío do Marqués de Malpica, e Laioso ao señorío de Ozores e Soutomaior. Vilar de Santos constituirase como Concello, tal e como o coñecemos hoxe en día, no 1836 coa unión das dúas parroquias: Vilar de Santos e Parada de Outeiro.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Vilar de Santos. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
1 CONCELLO
2 XULGADO
3 FALANGE ESPAÑOLA Y DE LAS JONS
4 ARQUIVOS NOTARIAIS
5 CÁMARAS AGRARIAS
6 OUTROS FONDOS
7 CONCELLO DE
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/inventariodinamico.htm?archivoId=56200&estado=&esaltarepo=&esmodirepo=&idArchivoPadre=&id=