3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Dispóñense estes fondos na propia casa do concello, unha edificación en pedra, construída en 1812.
A insuficiencia espacial obrigou a habilitar un espazo para depósito dunha parte do fondo documental nunha sala ubicada nas dependencias deportivas de propiedade municipal, á que se trasladaron máis de mil unidades de instalación.
O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1985, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1986, 1988, 1996, 2000, 2003, 2006, 2009, 2011, 2013, 2016, 2017.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello de Ponte Caldelas sitúase no centro da provincia de Pontevedra, ocupando algo máis de 86 quilómetros cadrados cun total de 33 entidades de poboación dispersas nas súas 9 parroquias, nas que residen algo máis de sete mil cincocentos habitantes. O territorio do actual concello de Ponte Caldelas formou parte das provincias de Santiago e de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Caldevergazo e Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago, e da de Soutomaior, con señorío do propio Duque de Soutomaior. No período preconstitucional chegaron a funcionar os concellos de Caldelas, Tourón e A Insua. Xa no proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio foi integrado no partido xudicial de Caldebergazo ou A Lama, que logo no ano 1845 cambiaría a súa denominación e capitalidade por Ponte Caldelas; será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito partido xudicial, cando se establece o concello de Caldelas. Esta denominación modificouse pola de Ponte Caldelas en 1845 coincidindo coa adxudicación da capitalidade do partido xudicial; inicialmente, aínda co mesmo territorio que hoxe, estaba formado por oito parroquias, ás que se engadiría no ano 1868 a de Caritel, segregada da de Santa Eulalia de Ponte Caldelas.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Ponte Candelas. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo dividido entre o edificio do Concello e un edificio anexo.
Logo da ampliación na casa do Concello, destinouse o espazo útil da entreplanta ás instalacións e equipamentos do arquivo, un total de tres pequenas salas anexas pero independentes, cunha superficie total próxima ós 50 m2.
Ademais, pola falta de espazo habilitouse para depósito dunha parte do fondo documental unha sala situada nas dependencias deportivas de propiedade municipal, á que se trasladaron máis de mil unidades de instalación.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=3663003
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=791344
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_41_PONTE+CALDELAS_20180207.pdf/dcae8b47-1447-446c-9658-c0c2e5b36c68
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/PONTE+CALDELAS.pdf/52dff047-3a94-47a8-9a3b-d1bfb9bf3906
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/343
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=11070