• 1.1. Código identificador
    ES GA 36005 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Caldas de Reis
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Caldas de Reis
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    O arquivo atópase na propia casa do concello, unha edificación tradicional en pedra, de considerables dimensións, con baixo e planta e situada a carón da estrada N-550, que vai de Santiago a Tui e do río Umia. En todo caso o paso do tempo, a súa propia configuración e disposición motivan non poucas carencias entre as que se pode mencionar un espacio suficiente e axeitado para a conservación documental. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1984, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación nos anos 1990 e 1991,así como de informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, nos anos 2000, 2001, 2007, 2009, 2012. e 2015.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Está ó noroeste de Pontevedra; linda con Valga, Cuntis, Moraña, Portas, Catoira, Vilanova e Vilagarcía de Arousa. Ten 8 parroquias: Arcos da Condesa, Caldas de Reis, Carracedo, Santo André de Cesar, San Clemente de Cesar, Godos, Saiar e Bemil. O territorio do actual concello de Caldas de Reis formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían dun bo número de xurisdiccións: as de Baños, Caldas, Cesar, Peñaflor e Vilanova de Arousa; ademais existían os coutos de Arcos da Condesa e Saiar, cada un deles con señoríos diferentes, tanto eclesiásticos como dos veciños ou de diferentes membros da nobreza. No proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio estaba integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, do que era capitalidade, en el establecéronse ós concellos de Saiar e Caldas de Reis; será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito partido xudicial, cando se creen ámbolos dous concellos, formado o de Saiar polas parroquias de Saiar e Santiago e Santa María de Godos; pola contra o concello de Caldas de Reis formábano ás parroquias de San Tomé e Santa María de Caldas, Arcos da Condesa, Carracedo, Bemil e Santo André e San Clemente de Cesar. No ano 1894 acórdase a supresión do concello de Saiar e a súa integración no de Caldas de Reis, culminando unha reclamación veciñal que viña xa do ano 1838. Ademais producíase a fusión administrativa das parroquias de Caldas e Godos nunha única en cada caso e dende 1946 funciona como Entidade Local Menor a parroquia de Arcos da Condesa con institucións, medios e sede propios.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Caldas de Reis. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=5220002 Fondo do Arquivo da Entidade Local Menor de Arcos da Condesa: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=876357
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_6_CALDAS+DE+REIS_20160908.pdf/0b0c0d4d-79f0-49de-b659-76629077f86b Cadro de clasificación do fondo do Arquivo da Entidade Local Menor de Arcos da Condesa: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886808/CC_ELM_ARCOS+DA+CONDESA_20160530.pdf/e6b4c7c0-9a85-4435-9c6c-a7b27d2ac654 Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/347 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=57752
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro. Conta con mesa de consulta e ficheiro metálico para os instrumentos de descrición.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Sala de investigadores.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-25 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -