• 1.1. Código identificador
    ES GA 36006 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Cambados
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Cambados
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    O patrimonio documental conservado polo Concello e froito da súa xestión consérvase na casa do concello, edificio en pedra, con baixo, planta e aproveitamento baixo cuberta, de planta rectangular e perfectamente integrado no conxunto monumental da vila. A falta de espazos obrigou a habiliatar un novo local de arquivo complementario na rúa lateral do concello, no semisoto do edificio que acollía anteriormente dependencias xudiciais. Nesta edificación o local de arquivo instalase no semisoto, nunha sala rectangular, equipada con estantería metálica. Procedeus a trasladar a esta dependencia as 1.093 primeiras unidades de instalación, posibilitando ao local da casa do concello para a recibir nova documentación. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1987, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora e traslado de local, nos anos 1992, 1998, 1999, 2000, 2004, 2006, 2008, 2009 , 2011, 2012 , 2014, 2015 e 2016.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Ocupa na actualidade unha superficie próxima aos vinteún quilómetros cadrados cun total de cincuenta e cinco entidades de poboación dispersas en cinco parroquias: residen preto de trece mil habitantes. O territorio do actual concello de Cambados formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Cambados, Fefiñáns, A Lanzada e San Tomé do Mar. No proceso de establecemento constitucional dos concellos e dentro da planificación definitiva para o partido xudicial de Cambados, establécese no ano 1836, xunto cos concellos de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Meis, Lois, Carril, Vilagarcía, Vilanova e Vilaxoán, o concello de Cambados, formado daquela por catorce parroquias, logo dunha reclamación inicial: Cambados, Fefiñáns, San Tomé, Castrelo, Sisán, Vilariño, Corvillón, Oubiña, Deiro, Ribadumia, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois. Moi pronto empezaron a producirse notables modificacións nesta configuración ata chegar á situación actual. No ano 1841 segréganse, para formar o novo concello de Ribadumia, as parroquias de Ribadumia, Sisán, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois. Por outra parte, a parroquia de Deiro foi agregada ó concello de Vilanova de Arousa no ano 1855. Por último desaparecen tamén como parroquias independentes as de Fefiñáns e San Tomé do Mar, integrándose na de Cambados.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
  • 3.6. Edificio
    Arquivo dividido entre o edificio do Concello e un edificio anexo.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=1799387 Fondo do Arquivo da Mancomunidade do Salnés: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=1006113
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_7_CAMBADOS_20160908.pdf/4c84fb46-303f-45ee-9310-56e593140d62 Cadro de clasificación do fondo do Arquivo da Mancomunidade do Salnés: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886815/Mancomunidade+do+Saln%C3%A9s.pdf/7d73fb9d-6ee4-4bfb-858f-2041db34f47a Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/346 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=56552
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9:00 a 13:00 horas
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-25 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -