3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O espazo do arquivo ocupa o soto do concello, nun local rectangular, cunha superficie próxima ós cincuenta metros cadrados, con acceso ás dependencias municipias mediante escaleira interior. Esta dependencia foi dotada dos equipamentos necesarios para a súa función, con estantería compactada e mesa de traballo e consulta.
A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1989, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a mellora e ampliación do local, nos anos 1995, 1998, 2002, 2010 e 2011.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Sitúase na marxe dereita do río Lérez, na zona central da provincia de Pontevedra. Conta con trinta e dúas entidades de poboación divididas en seis parroquias. O territorio do actual concello de Campo Lameiro pertencía no antigo réxime a dúas xurisdiccións: a de Baños, dependente do arcebispo de Santiago, na que se integraban as parroquias de Couso, Montes, Morillas e Moimenta, e a de Campo e Fragas, con xurisdicción do marqués de la Sierra, formada polas propias parroquias de Campo e Fragas. Nas primeiras décadas do século XIX chegan a funcionar como concellos constitucionais durante os períodos liberais neste territorio os de Moimenta e o de Campo e Fragas. A partir do ano 1836, incluído no Partido Xudicial de Caldas de Reis, créase o concello constitucional de Campo, integrado polas seis parroquias actuais. Seguindo ao profesor D. Xosé Fariña Jamardo, cómpre sinalar que dende a súa creación ata a actualidade téñense producido dúas variacións dignas de seren reseñadas. Por un lado, entre 1869 e 1872, a perda dos lugares, inicialmente da parroquia de San Isidro de Montes, de Bugarín e Cuíña, que por petición veciñal, pasan a formar parte das parroquias de Santa Baia de Castro e San Tomé de Quireza, respectivamente, ámbalas dúas integradas no concello de Cerdedo. Por outra parte, complétase no ano 1907 a denominación do concello pasándose a partir dese momento a de Campo Lameiro.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Campo Lameiro. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=2093779
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=863288
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_8_CAMPO+LAMEIRO_20160909.pdf/a299cdf8-9e04-48db-b031-b97905956832
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_6_CAMPO+LAMEIRO_20151223.pdf/9fba8151-1dbe-4968-874c-434fc06b3b99
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/265
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=56629