• 1.1. Código identificador
    ES GA 36012 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de COTOBADE
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Cotobade
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    Tradicionalmente o local dedicado a arquivo municipal ocupaba todo o baixo cuberta do edificio. A insuficiencia espacial e determinados problemas estructurais derivados da capacidade de carga do baixo cuberta obrigaron a utilizar dúas salas nun edificio multiusos próximo ao concello, para dispola documentación do arquivo, procedendose ao traslado do conxunto da documentación, logo de equipar esta nova instalación. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1982, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación, nos anos 1993, 1996, 2000, 2005, 2008, 2010,2012 e 2016. Dende outubro de 2016 os concellos de Cotobade e Cerdedo fusiónanse pero seguen conservando os seus arquivos independentes cada un na súa dirección a excepción dos expedientes de secretaría e intervención que van directamente para a Casa Consistorial, situada no antigo edidicio do Concello de Cotobade (Chan, nº11-Carballdo, 36856 Cercedo-Cotobade, Pontevedra.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Sitúase no interior da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie total superior aos cento vinte e nove quilómetros cadrados con 135 entidades de poboación dispersas nas súas trece parroquias, nas que residen algo máis de cinco mil habitantes. O territorio do actual concello de Cotobade formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Cotobade con señorío do duque de Soutomaior, coa excepción de Caroi, integrada na xurisdicción de Montes, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no Partido Xudicial de Caldebergazo ou A Lama, chegaron a funcionar os concellos de Famelga, Tenorio, San Xurxo de Sacos e Carballedo. No ano 1836 créase o concello de Cotobade como entidade local independente, coa configuración actual, agás a parroquia de Caroi que se lle agrega ó seu territorio no ano 1904, segregándose do concello da Lama. En 2016 este concello fusionouse co concello de Cercedo sendo hoxe en día un so Concello: Cercedo-Cotobade aínda que cada un deles manten o seu propio arquivo.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Cercedo-Cotobade. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    Arquivo dividido entre o edificio do Concello e un edificio anexo.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=4076003 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=720757
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_13_COTOBADE_20160908.pdf/08ac7ed6-df54-45ee-84f0-2d4b50e6687d Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_10_COTOBADE_20151223.pdf/6a7f9b67-ac81-4950-85a0-9320ff433ffc Coleccións: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/colecciones/-/colecciones/20
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Non.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-25 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    Dende outubro de 2016 os concellos de Cotobade e Cerdedo fusiónanse pero seguen conservando os seus arquivos independentes cada un na súa dirección a excepción dos expedientes de secretaría e intervención que van directamente para a Casa Consistorial, situada no antigo edidicio do Concello de Cotobade (Chan, nº11-Carballdo, 36856 Cercedo-Cotobade, Pontevedra.