3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Dispóñense estes fondos na propia Casa do Concello, edificio moderno construído a finais da década dos setenta e principios dos oitenta. Ó arquivo municipal destinouse unha boa parte da segunda planta, en tres locias distintos. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1988, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, incluíndo a mellora do local, nos anos 1990, 1991, 1997, 1998, 1999, 2003, 2005, 2007, 2010, 2012 e 2016.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello de Cuntis sitúase ao noroeste da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior aos setenta e nove quilómetros cadrados cun total de setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas oito parroquias, residindo máis de 6000 veciños. O territorio do actual concello de Cuntis formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Baños na que o señorío correspondía ao arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, crearase no ano 1836, dentro da planificación definida para o antedito partido xudicial, o concello de Cuntis coas mesmas parroquias e disposición territorial que hoxe se mantén.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Cuntis. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=3580003
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=727926
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_16_CUNTIS_20160909.pdf/83cab3a0-b395-43b3-811e-ab553102579b
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CUNTIS.pdf/04c13a94-abfc-4be4-a7f6-a370d564e022
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/312
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10553