3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
Dispóñense estes fondos na propia casa do Concello, unha moderna edificación, cun bo estado de conservación, distribuída en baixo, planta, a carón da estrada nacional que vai de Santiago de Compostela a Ourense, que acolle a totalidade dos servizos municipais. Os locais do arquivo municipal atópanse na planta baixa.
O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, nos anos 1994, 1998, 2003, 2007, 2009, 2011 e 2013.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello de Dozón sitúase ao nordeste da provincia de Pontevedra, na comarca do Deza. Conta con 53 entidades de poboación dispersas en oito parroquias diferentes nas que residen algo máis de dous mil cincocentos habitantes. O territorio do acual concello de Dozón formou parte da provincia de Lugo ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a de Deza, na que o señorío correspondía ao conde de Lemos e que ocupaba as parroquias de Sanguiñedo e Sisto; e a de Dozón, con xurisdicción real e que comprendía as parroquias restantes. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Saa e en O Castro; este proceso culmina en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Dozón, queda integrado por nove parroquias, as que aínda hoxe o compoñen e a de San Pedro de Mosteiro. Esta parroquia será suprimida no arranxo parroquial de 1890 e divididos os seus fregueses nas parroquias de Dozón e Bidueiros. Así mesmo tense constancia de varias modificacións da capitalidade do concello ata a actualidade que se sitúa no lugar de O Castro.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Dozón. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=1352783
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=729306
Fondo da Irmandade Sindical de labradores e gandeiros de Dozón: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=1029729
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_17_DOZ%C3%93N_20160908.pdf/7d49b22f-bca8-45fd-b0cb-cfb30a9da465
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_14_DOZ%C3%93N_20160510.pdf/e7cbd50e-2c97-46a0-adb5-7ce56826dba3
Cadro de clasificación do fondo da Irmandade Sindical de labradores e gandeiros de Dozón: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886815/Irmandade+Sindical+de+Labregos+e+Gandeiros+de+Doz%C3%B3n.pdf/830fe3fe-aac9-4d04-a4c9-415eb2c41bbb
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/308
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10627