• 1.1. Código identificador
    ES GA 36018 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Forcarei
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Forcarei
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    A actual casa do concello é unha moderna construcción que se rematou en 1980. Dentro desta mostra de construcción civil contemporánea a maior parte das oficinas e o un dos locais do propio arquivo atópanse na planta baixa. A insuficiencia do espazo obrigou a habilitar un novo local na segunda planta do mesmo edificio do Concello. A primeira actuación do Servizo Técnico do Patrimonio Documental no arquivo do Concello de Forcarei desenvolveuse en 1991, conseguíndose centralizala documentación nun só local e a instalación e disposición para a súa adecuada conservación e manexo. En sucesivas etapas, nos anos 1992, 1996, 1998, 2005, 2009 e 2012 levouse a cabo a adaptación ó novo cadro proposta a nivel nacional para organizar arquivos municipais, a incorporación de novos fondos documentais e a informatización dos instrumentos de descrición.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    O concello de Forcarei enclávase na Terra de Montes, no interior da provincia de Pontevedra; conta con 98 entidades de poboación (13 parroquias) dispersas en 165 quilómetros cadrados nos que residen algo máis de 6.000 habitantes. No antigo réxime intégrase este territorio na provincia de Santiago, dentro da diocese do mesmo nome, detentando o seu arcebispado a xurisdicción de Montes, á que pertencen todas as parroquias deste concello. Inicialmente no partido xudicial de Tabeirós, que logo pasará a denominarse A Estrada, funcionaban a finais do século XVII e primeiros do XIX de forma irregular os concellos de Millarada, Quintillán e Presqueiras. Na constitución definitiva dos concellos de 1836 establécese para o partido xudicial de Tabeirós un total de tres concellos: Forcarei, Cereixo (logo A Estrada) e Cerdedo. Créase cun total de once parroquias, ampliadas ás trece actuais pola creación de Santa María de Presqueiras en 1867, segregada da de San Miguel de Presqueiras; e a de Santa Mariña de Castrelo, en 1872 procedente do concello de Cerdedo. Ó longo destes séculos houbo varios intentos de fusión dos concellos de Cerdedo e Forcarei, especialmente en 1841 e 1868, e varios cambios de capitalidade e, incluso, de denominación pola de Soutelo de Montes no período 1858 a 1862.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Forcarei. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=3830000
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_19_FORCAREI_20160908.pdf/b11cd9b3-9d5c-4254-b4b1-6b1596f1a498 Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/304 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10877
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 9.00 a 14:00 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-25-10 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Pontevedra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    -