3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
A manifesta insuficiencia espacial da casa do concello obrigou a buscar solucións alternativas para a instalación axeitada do arquivo municipal e procedeuse á adecuación da planta superior da casa da cultura.
O edificio da casa da cultura, de recente construcción, atópase no centro da propia vila de Gondomar, moi próximo á casa do concello, integrado no contorno urbano e acaroado a outras edificacións.
Recentemente foi ampliado a un novo local anexo na mesma planta da casa de cultura, debidamente remozado e equipado; asi mesmo foi necesario habilitar o uso dun local na planta baixa do edificio de urbanismo para dispor a documentación máis actual. Con elo son tres os locais que na actualidade albergan o patrimonio documental do concello de Gondomar.
O fondo documental producido polo Concello de Gondomar, no decurso da súa actividade ó longo destes anos e que aínda se conservaba, recibiu no ano 1986 o tratamento técnico oportuno, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, nos anos 1994, 1999, 2002 e 2013.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, na denominada comarca do Miñor, conta cunha superficie aproximada de 75 quilómetros cadrados, nos que se asentan 164 entidades diferenciadas de poboación onde viven algo máis de dez mil habitantes. As parroquias que integran este concello dependían no Antigo Réxime de tres xurisdiccións, cada unha delas de distinto carácter. Por un lado, a xurisdicción real de Baiona, dependente directamente do monarca, na que se integraban as parroquias de Borreiros, Chaín, Donas, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, e Villaza. Por outro, a xurisdicción de Gondomar, con señorío do propio conde de Gondomar e formada polas parroquias de Vincios e Gondomar; e, finalmente, a xurisdicción eclesiástica de Pexegueiro, da que formaba parte a parroquia de Couso e na que o señorío correspondía o bispo de Tui. Nos primeiros anos do século XIX, antes da definitiva configuración constitucional dos concellos, tal e como hoxe os entendemos, constituíronse nestas terras concellos en Vilaza, Donas, Vincios, Morgadáns e Peiteiros. Será no ano 1836 cando definitivamente xurda o actual Concello de Gondomar, integrado polas parroquias de Borreiros, Couso, Chaín, Donas, Gondomar, Mañufe, Morgadáns, Peitieiros, Vilaza e Vincios; compre sinalar, ademais, que a parroquia de Morgadáns conta dende 1932 cunha Entidade Local Menor.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Gondomar. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo situado nun edificio próximo ao Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=3341003
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=733001
Fondo da Entidade Local Menor de Morgadáns: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=888750
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_21_GONDOMAR_20160908.pdf/62d1b800-0847-47ec-80f9-0e5bfd24f801
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_17_GONDOMAR_20160511.pdf/d1d9a0af-ca06-4311-8010-abeae116d7df
Cadro de clasificación do Fondo da Entidade Local Menor de Morgadáns: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886808/CC_ELM_MORGAD%C3%81NS_20160913.pdf/2ced8bca-4baf-47fa-8da5-334d0fc6f2a4
https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/254
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=11124