3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
No proceso de organización dos fondos documentais levado a cabo no ano 1989, de xeito provisional e na espera dunha futura mellora das instalacións municipais procedeuse a situa-lo arquivo na planta baixa da casa do Concello, en dous locais anexos, de escasa superficie e aproveitamento, antigas celdas, cunha condicións de habitabilidade moi mellorables.
A partir desta situación, que aínda se mantiña, acórdase o traslado dos fondos a un novo local, fóra do concello, no anterior local da biblioteca municipal, que conta hoxe tamén co “Museo de Títeres” na súa primeira planta. Ocupa o arquivo unha superficie aproximada de setenta metros cadrados, cunha ampla sala rectangular que se complementa cos espacios de acceso a esta; neste espacio dispuxéronse os equipamentos suficientes para a instalación da totalidade das unidades de instalación, contando con mesa de consulta, ficheiro e ordenador.
A construcción dunha nova casa do concello conlevou a dotación dun espazo planificado para o seu uso como arquivo municipal, no semisoto, a carón do garaxe. Distribúese en tres salas circulares, que respetan a estrutura diseñada polo arquitecto para o conxunto da moderna edificiación. Este espazo foi dotado de estantería compactada e tradicional.
O traslado pertinente da documentación e a súa reinstalación das novas dependencias poñen en valor este novo local e garanten a conservación futura da documentación.
A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1989, data a partir da cal se acometeu un novo proceso de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluído o traslado e sensible mellora dos equipamentos e do local, nos anos 2002, 2004, 2005, 2006, 2009, 2011 e 2017.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Sítuase no norte da provincia de Pontevedra, no centro da comarca do Deza. Ten 330 entidades de poboación dispersas en 48 parroquias. O territorio do actual concello formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa definitiva inclusión na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Lalín. A totalidade das parroquias dependían no Antigo Réxime da xurisdicción do Deza, con señorío do conde de Lemos e da de Cambra, con señorío do arcebispo de Santiago. Iniciado o proceso de constitución dos concellos a principios do século XIX chegaron a funcionar moitos neste territorio, entre eles os de Lalín, Bendoiro, Vilatuxe, Catasós, Lodeiro, Vilanova, Barcia, Bermés, Noceda, Cangas e Losón. Xa no proceso definitivo créase o concello de Lalín, dentro do Partido Xudicial do mesmo nome, cun total de corenta e oito parroquias.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Lalín. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=2143654
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_25_LALIN_20160909.pdf/eeccc195-8243-4fb0-b4aa-66709264cd92
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/413
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=11280