3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
A casa do concello, reconstruída con posterioridade ó incendio sufrido en 1930 e modificada en 1973 e 1981, é un edificio de pedra, exento, distribuído en baixo e planta.
Recientemente remozado y reducida a sua superficie, o arquivo ocupa un local cuadrangular, situado na ala dereita da planta baixa, con trinta metros cadrados de superficie e unha altura de tres metros e medio, cunhas axeitadas condicións de habitabilidade e boas condicións de ventilación e iluminación, proporcionadas por amplos ventanais.
Dótase este local dos equipamentos necesarios para o almacenamento da documentación conservada, composto basicamente por estantería metálica compactada, mesa de traballo e consulta, ordenador e ficheiro metálico, todo disposto tal e como representa o plano.
A organización da documentación conservada no arquivo do concello de Meis asúmea o Servizo Técnico do Patrimonio Documental no ano 1986, establecendo como obxectivos prioritarios a mellora do local do arquivo e a dotación de instrumentos descritivos ós fondos documentais conservados. Con posterioridade desenvolvéronse outras actuacións de reorganización e incorporación documental, así como a informatización dos instrumentos de descrición nos anos 1987, 1994, 1997, 2000, 2001, 2006, 2008, 2010, 2012 e 2014.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello de Meis abarca a parte noroccidental do Castrove chegando ata o Umia. Conta cunha superficie de 52 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de cinco mil habitantes, distribuídos en 96 entidades de poboación e sete parroquias. Historicamente estivo integrado na provincia de Santiago, con diferentes xurisdiccións: a de Cambados, con señorío do conde de Monterrei; a de San Tomé do Mar, con señorío do marqués de Monte Sacro; e as da Lanzada e Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago. Créase constitucionalmente este concello no ano 1836, dentro da configuración definitiva do partido xudicial de Cambados, coas mesmas parroquias actuais, sen máis cambios nestes anos de existencia que no referente á situación da súa capitalidade.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Meis. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=4812003
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=751333
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_29_MEIS_20160912.pdf/5364dc07-5bc0-4b94-8117-a8dbe3b2b04c
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_23_MEIS_20160511.pdf/372f1def-b8a8-4557-a7e5-53e7557cbaf5
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/360
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10566