• 1.1. Código identificador
    ES GA 36030 AM
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo municipal de Mondariz
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Municipal de Mondariz
  • 1.4. Outras formas do nome
    -
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: local. Categoría: Arquivos Municipais
  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    O arquivo dispuxo de diferentes ubicacións nos últimos anos. Recentemente habilitouse, logo da oportuna reforma e adecuación un local de máis de cincuenta e cinco metros cadrados no soto da casa do concello, antes dedicada na súa totalidade a garaxe e almacén municipal. Dispón este local dunhas axeitadas condicións ambientais e de habitabilidade, con ventilación e iluminación natural, sistemas de control da humidade e espazo suficiente para a disposición dos fondos documentais a medio prazo. Posteriormente desenvolvéronse novas actuacións técnicas de incorporación da documentación, reconversión técnica, de acordo co novo cadro de clasificación establecido a nivel nacional para o conxunto dos arquivos municipais e informatización dos instrumentos de descrición, nos anos 1987, 1994, 1999, 2003, 2005, 2007, 2009, 2011, 2013 e 2017.
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Sitúase no centro-leste da provincia de Pontevedra; limita con Fornelos de Montes, Covelo, A Cañiza, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Mondariz-Balneario e Pazos de Borbén. A súa superficie é 85 Km2 e ten 6000 habitantes. As parroquias que integran este territorio dependían no antigo réxime de catro xurisdiccións, todas elas con señorío laico. Na xurisdicción de Achas, dependente do conde de Salvaterra, atopábase a parroquia de Lougares. Na xurisdicción de Oliveira a parroquia de Portela. Na xurisdicción de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, estaban integradas as parroquias de Frades, Gargamala, Meirol, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Mondariz, Sabaxáns e Vilar. Por último, o couto de Toutón, formado pola parroquia do mesmo nome, dependente de D. Juan Araújo. Será no ano 1836 cando definitivamente xurda o actual Concello de Mondariz, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas e formado polas parroquias de Lougares, Portela, Frades, Gargamala, Meirol, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Sabaxáns, Vilar, Toutón e Santa Eulalia de Mondariz. Con posterioridade as parroquias de San Martiño de Portela, que logo cambiará a súa denominación pola hoxe coñecida de Vilasobroso, e a de Santa María de Queimadelos en 1924 e 1935, respectivamente, constituíronse en Entidades Locais Menores. A principal modificación acontecida no concello prodúcese coa segregación da parroquia de Santa Eulalia de Mondariz para constituír unha Entidade Local Menor e, de seguido, o Concello de Mondariz-Balneario no ano 1924.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local . Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
  • 3.4. Estructura administrativa
    Concello de Mondariz. Secretaría Arquivo Municipal.
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
  • 3.6. Edificio
    Arquivo integrado no edificio do Concello.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=4160003 Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=758682 Fondo da Entidade Local Menor de Queimadelos: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=894346 Fondo da Entidade Local Menor de Vilasobroso: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=894346
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_31_MONDARIZ_20160909.pdf/c61677de-aa67-49e5-8d25-6737ccb71ebd Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_25_MONDARIZ_20160511.pdf/12b25bbc-aeaf-4b47-ad2c-0afad8ee727c Cadro de clasificación do Fondo da Entidade Local Menor de Queimadelos: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886808/CC_ELM_QUEIMADELOS_20160913.pdf/671698ce-857c-4f5f-a44f-fe7293c18e56 Cadro de Clasificación do Fondo da Entidade Local Menor de Vilasobroso: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886808/CC_ELM_VILASOBROSO_20160913.pdf/6f7711c9-6b88-4bca-87d3-c6b1ef44a412 https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/253 http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10584
  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 8.30 a 14:30 horas.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativas vixentes.
  • 4.3. Accesibilidade
    Si.
  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    A atención aos usuarios que desexen consultar documentación é levada a cabo polo persoal do concello, ao non haber arquiveiro.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Si.
  • 5.3. Espazos públicos
    Espazo dispoñible para consulta.
  • 6.1. Identificador de descrición
    -
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-08 [ISO 8601]. Revisión: 2020-10-26 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.
  • 6.9. Notas de mantemento
    Páxinas web da propia institución, do Portal de Arquivos de Galicia, do servizo de patrimonio documental e bibliográfico da Deputación de Ponteveddra, e do Censo Guía de Arquivos de España e Iberoamérica.