3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
O arquivo municipal atópase na casa do concello, edificio exento con baixo, de extraordinaria altura e dotado dunha relevante arcada, e dúas plantas, unha delas parcialmente abufardada; o interior deste edificio foi recentemente rehabilitado na súa meirande parte; acolle esta edificación os diferentes servizos municipais así como a biblioteca, gardería, museo e sala de exposicións.
O local específico do arquivo atópase nunha sala rectangular, nun dos laterais da sala de exposicións da segunda planta.
O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1989, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos nos anos 1995, 1998, 1999, 2002, 2005, 2007, 2010, 2013 e 2017.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
O concello de Mondariz-Balneario ocupa 2,5 kilómetros cuadrados cunha soa parroquia con 700 habitantes. O territorio do actual concello pertencía á provincia de Tui ata a división constitucional. Neste proceso de establecemento definitivo dos concellos, culminado en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Ponteareas, establécense os concellos de Mondariz, Ponteareas, Setados e Salvaterra de Miño. O concello de Mondariz-Balneario xorde como escisión do concello de Mondariz a finais do ano 1924, logo dunha previa segregación parroquial que supuxo a creación da parroquia de Nosa Señora do Carme de Troncoso, nos comezos do século XX, logo denominada Nosa Señora de Lourdes. Tamén se produciu a constitución inmediatamente anterior dunha Entidade Local Menor nesta parroquia, o que vén a ser o antecedente directo da súa segregación e configuración como concello diferenciado. Dende entón ata a actualidade mantense esta realidade administrativa, configurándose como un dos concellos máis pequenos do Estado.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Mondariz-Balneario. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-institucion?idArquivo=1031288
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=762866
Fondo do Arquivo da irmandade sindical de labradores e gandeiros de Mondariz-Balneario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=1031290
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_32_MONDARIZ-BALNEARIO_20160909.pdf/dc931794-c5ed-4073-a93d-cbb17b1ea64a
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_26_MONDARIZ+BALNEARIO_20160913.pdf/74e1c703-b8b1-4b87-98fa-59127d503bd8
Cadro de clasificación do fondo do Arquivo da irmandade sindical de labradores e ganadeiros de Mondariz-Balneario: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/886815/Irmandade+Sindical+de+Labregos+e+Gandeiros+de+Mondariz-Balneario.pdf/62331a4a-3d10-47e6-b12a-6aadf474e2a6
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/307
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10658