3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
A casa do concello é un edificio de baixo e planta, que combina a pedra e o ferro como elementos constructivos, dotado de amplos ventanais que marcan o seu aspecto exterior; dependendo da configuración do terreo, ten un aproveitamento en semisoto nunha das súas as, así como dunha parte da estructura baixo cuberta.
O proceso técnico de organización do fondo documental conservado no municipio de Nigrán, iniciase no ano 1987, coincidindo co remate das obras de reforma da casa do concello e o necesario traslado da documentación dende as instalacións provisionais que ocupaba este por aquel entón. Por este motivo a documentación presentaba un grado elevado de desorde e un estado de conservación deficiente, pese o cal o volume da mesma era abundante.
Rematada esta primeira fase acometeuse unha actuación de reincorporación no ano 1990, e outra no ano 2000 de informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade para estes procesos, quedando sen finalizar.
Dende esta data asume o propio concello, mediante a contratación de persoal específico para o arquivo, o control e xestión do mesmo, posto que ocupa dende ese ano Cristina Aballe Román.
Finalmente no ano 2005 establécese unha nova colaboración a fin de rematar o proceso de adpatación iniciado no 2000 e para a incorporación de novos fondos documentais producidos nestes últimos anos.
3.2. Contexto cultural e xeográfico
Nigrán está situado o sur da provincia de Pontevedra, na ría de Vigo. Ocupa unha superficie de 35 km2, con noventa e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais sete parroquias: residen máis de quince mil habitantes. O actual territorio do concello incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.
3.3. Atribucións/fontes legais
Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local .
Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
3.4. Estructura administrativa
Concello de Nigrán. Secretaría Arquivo Municipal.
3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
Por transferencia directa ao arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
3.6. Edificio
Arquivo integrado no edificio do Concello.
O local destinado ao arquivo ocupa o soto do edificio do Concello.
O espazo divídese en dúas zonas comunicadas entre si, cunha superficie total de 42 m2, dotado do equipamento necesario para o depósito e o tratamento documental.
Como o espazo non era suficiente para toda a documentación, en 2021, tras finalizar as obras de ampliación da casa do Concello, coa unión dun novo edificio ao actual por unha pasarela, habilitouse un amplo depósito no soto.
3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
Fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=8700002
Fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/atom-fondo?idObjeto=774196
3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
Cadro de clasificación do fondo do Concello: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885800/CC_AM_36_NIGRAN_20160912.pdf/536e2d2b-926c-454f-8c7d-e9aebf37b2e9
Cadro de clasificación do fondo do Xulgado de Paz: https://arquivos.depo.gal/documents/885401/885793/CC_AXP_30_NIGR%C3%81N_20160913.pdf/b7ad6e69-6a53-41f9-9060-abf3a77575fa
Inventario: https://arquivos.depo.gal/web/patrimonio/catalogo/-/publicaciones/549
http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/archivodetail.htm?id=10824